A Vicepresidencia da Deputación colaborou na organización desta experiencia de copilotaxe organizada por Breogán Rally no circuíto da Pastoriza
Lugo, 26 de xuño de 2026. O circuíto da Pastoriza acolleu esta mañá unha xornada de copilotaxe organizada pola escudería lucense Breogán Rally, na que afeccionados e afeccionadas ao automobilismo puideron probar o circuíto xunto aos pilotos lucenses Adrián Díaz e Óscar Alvaredo e ao coruñés Iván Ares, campión de España en 2017.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro achegouse as instalacións para seguir esta xornada, que reforza o apoio da institución provincial ao automobilismo lucense, proxectando a imaxe dos nosos pilotos e escuderías e ofrecendo ás afeccionadas e afeccionados a posibilidade de entrar en contacto coa competición.
Efrén Castro destacou que “a provincia de Lugo ocupa un lugar destacado no automobilismo estatal, pola capacidade dos pilotos, das escuderías, e tamén pola popularidade e apoio co que conta este deporte entre o público. Esta experiencia de copilotaxe facilita ese achegamento entre afección e pilotos, e segue proxectando Lugo como unha referencia neste deporte”
Ademais desta experiencia de copilotaxe, a colaboración con Breogán Rally facilitará a participación da escudería lucense en rallys dos campionatos galego, español e europeo ao longo da temporada 2026.



















O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.


