A iniciativa tamén esixe transparencia sobre os recursos destinados á dependencia, máis apoio ao Servizo de Axuda no Fogar e unha planificación real de prazas residenciais
Lugo, 27 de xuño de 2026. O PSdeG defenderá no Pleno ordinario da Deputación de Lugo, que se celebrará este martes no Pazo de San Marcos, unha moción para esixir á Xunta de Galicia que poña fin á falta de planificación que leva anos lastrando o sistema público de servizos sociais e atención á dependencia. O Grupo Provincial Socialista considera que o Goberno galego non pode seguir afrontando un dos maiores retos sociais de Galicia sen unha estratexia definida, cun financiamento insuficiente e trasladando cada vez máis presión ás administracións locais.
A iniciativa socialista lembra que a Lei de Servizos Sociais de Galicia obriga á Xunta a elaborar un Plan Estratéxico que fixe prioridades, coordine recursos e adapte o sistema ás necesidades da cidadanía. Ademais, recalcan que “dezaoito anos despois da aprobación da norma, ese documento continúa sen existir”. Para o PSdeG, esta ausencia evidencia unha forma de gobernar baseada na improvisación, sen planificación e sen unha folla de ruta para responder ao envellecemento da poboación, ao aumento da dependencia e ás necesidades reais das persoas e das familias galegas.
O Grupo Provincial Socialista advirte tamén de que esta falta de planificación ten consecuencias directas sobre a calidade da atención. “Galicia figura entre as comunidades autónomas cun menor investimento por persoa potencialmente dependente, mentres centos de persoas continúan esperando por unha valoración ou por unha prestación á que teñen dereito. Ao mesmo tempo, os concellos seguen asumindo unha parte crecente da atención social de proximidade sen contar cun financiamento suficiente, especialmente no Servizo de Axuda no Fogar, un recurso esencial para que as persoas maiores poidan permanecer nos seus fogares con dignidade”, insisten os socialistas.
A moción reclama tamén transparencia. O PSdeG considera imprescindible que a Xunta faga público o destino dos recursos económicos que recibe o sistema de dependencia e detalle as achegas realizadas por cada administración entre os anos 2012 e 2025. O obxectivo é coñecer con rigor como se financia realmente o sistema e garantir que os fondos destinados á atención das persoas dependentes chegan aos servizos que precisa a cidadanía.
Ademais, a iniciativa insta ao Executivo autonómico a reforzar o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar, simplificar os procedementos administrativos que soportan os concellos, mellorar as condicións laborais das profesionais do sector e desenvolver unha planificación real de prazas residenciais que permita reducir as listas de espera e ofrecer unha resposta acorde coa realidade demográfica de Galicia.
Con esta moción, o Grupo Provincial Socialista reclama á Xunta que cumpra as súas competencias e lidere unha política social baseada na planificación, na transparencia e no financiamento suficiente, para garantir unha atención pública de calidade ás persoas maiores, dependentes e ás súas familias.


















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



