Burela, 27 de xuño de 2026. O Grupo de Participación Adolescente (GPA) de Burela celebrou a última xuntanza deste curso este xoves na Casa da Xuventude. Durante a sesión, as persoas participantes continuaron traballando no fortalecemento da identidade do grupo e avanzaron no deseño dunhas prendas que empregarán como distintivo nas súas actividades.
Ademais, as persoas participantes gozarán dunha actividade co Club de Surf como recoñecemento á súa implicación no proxecto Xeración Peixe, no que participaron durante os últimos meses.
O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou que “o GPA segue consolidándose como un espazo de participación activa para a mocidade, no que as rapazas e rapaces non só propoñen actividades, senón que tamén constrúen unha identidade propia como grupo”. Así mesmo, sinalou que “seguimos traballando para ofrecer unha programación atractiva durante o verán, con actividades pensadas para responder aos intereses da xente nova”.
Por outra banda, informouse de que a Aula de Xogos da Casa da Xuventude permanecerá pechada entre o 29 de xuño e o 15 de xullo por descanso do persoal.





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



