Ribadeo, 28 de xuño, 2026. Ribadeo viviu este domingo unha xornada inesquecible coa celebración da Heroican Race 2026, que alcanzou a súa quinta edición e reuniu 500 participantes e centos de espectadores arredor dunha das probas de obstáculos máis espectaculares de Galicia.
O desafío xuntou arredor de 500 corredores, que tiveron que superar un percorrido de 10 quilómetros con preto de 30 obstáculos de gran esixencia. A cita desenvolveuse nun ambiente vibrante, con máis dun milleiro de asistentes gozando do espectáculo deportivo e do esforzo dos competidores.
A Heroican Race estivo organizada pola Asociación Gallaecia Extrem Race e o grupo de xestión deportiva BeOne, e contou co apoio indispensable de Ziva, ademais da Xunta de Galicia, o Concello de Ribadeo, Amix, Matrix, Fitness Project, Limasa, Captology, Zenowell, Pleniage, ACISA, I-NERXIA, 43N, Eciman e o Clúster Galego da Industria do Deporte, entre outros.
No plano competitivo, destacaron as actuacións dos gañadores: na categoría elite masculina impúxose Manuel Rúa, mentres que na elite feminina a vitoria foi para Jessica Velasco. Na categoría popular competitiva, os vencedores foron Carlos Suárez e Lidia López.
O acto de entrega de trofeos, coa participación do alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, o CEO de BeOne, Roberto Ramos, e representantes dos patrocinadores, puxo o broche de ouro ao evento.
A Heroican Race forma parte da Liga Española AOCO (Asociación de Organizadores e Clubes de Obstáculos de España) e é xa un referente no calendario nacional, onde a superación persoal, o compañeirismo e a resistencia física se converten nos auténticos protagonistas.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.


