O voceiro popular cualificou como unha “indecencia” que se pretenda abrir a porta a que Tomé se beneficie dun seguro público de responsabilidade civil deseñado única e exclusivamente para o exercicio lexítimo das funcións públicas
Lugo, 3o de xuño de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular lamentaron que PSOE e BNG, xunto a José Tomé, votasen en contra de que a Deputación de Lugo non preste servizo de asesoramento xurídico nin financie, nin de forma directa nin a través de contratos públicos ou seguros, os gastos de defensa de autoridades ou cargos políticos en presuntos casos de acoso ou agresión sexual, violencia de xénero ou calquera conduta contra os dereitos fundamentais.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, cualificou a moción como unha cuestión de “dignidade, decencia e principios morais básicos”. “Vemos como seguen da man de José Tomé, un presunto acosador sexual, votando a favor de que os cartos dos veciños e veciñas da provincia poidan ir a parar a financiar o avogado dun presunto acosador sexual”, lamentou.
Ameijide puxo sobre a mesa “o segundo intento” de que todos os lucenses, a través da Deputación de Lugo, “lle paguemos os honorarios dos avogados da súa defensa pola acusación de presunto acoso sexual, algo que afecta a súa esfera privada”.
O expresidente rexistrou o pasado 27 de abril unha comunicación baixo o título “Achega orzamento” na que solicita o pago de 37.000 euros máis IVE para cubrir os seus honorarios profesionais de defensa.
Antonio Ameijide cualificou como unha “indecencia” que se pretenda abrir a porta a que esta persoa se beneficie dun seguro público de responsabilidade civil deseñado única e exclusivamente para o exercicio lexítimo das funcións públicas. “É unha mágoa que Carmela López aclarase se ofrecer, presuntamente, postos de traballo na administración pública a cambio de favores sexuais nunha cafetería entra dentro das labores de presidencia”.
Ameijide recalcou que para que Tomé se poida beneficiar da póliza da Deputación “ten que contar coa autorización expresa de Carmela López”, tal e como se establece no punto 7.5 da póliza, referente a defensa e asistencia legal, que establece que “el asegurador abonará losgastos de defensa e investigación incurridos por el asegurado en el ámbito de cobertura del contrato, siempre que los mismos cuenten con el consentimiento previo por escrito del asegurador”.
Ademais, o voceiro popular lembrou que o propio Ministerio Fiscal tivo que saír ao paso cunha nota de prensa para desmentir “as filtracións interesadas” de José Tomé nas que afirmaba que a causa xa estaba arquivada.
Antonio Ameijide tamén destacou a actitude de Carmela López, do PSOE e do BNG, aos que acusou “de estar dispostos a asumir absolutamente todo e branquear o que faga falta a cambio de seguir sentados no sillón”.
“A hipocrisía máxima chega cando vostedes calan mentres Tomé anula en Monforte o concerto dunha persoa acusada de presuntos abusos sexuais, algo co que estamos de acordo, pero non se aplica a si mesmo a mesma vara de medir, xa que Tomé non ten que seguir nin un minuto máis na alcaldía”, denunciou.
Ameijide destacou que o goberno provincial está “secuestrado politicamente” porque o voto de Tomé dalles a maioría. Como proba diso, o voceiro popular desvelou “como están a negociar con el nos despachos” un convenio que o propio Tomé rebaixou de 2.100.000€ a 1.800.000€ na xunta de goberno de Monforte.
Unha situación ante a que o PP segue ofrecendo os seus votos a PSOE para cambiar a Tomé na alcaldía de Monforte por dignidade, e instou a todos os deputados a actuar con decencia, mirar polas vítimas e polas mulleres da provincia, e votar a favor dunha moción que impida que o diñeiro da veciñanza de Lugo pague condutas intolerables.























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



