Ribadeo, 30 de xuño de 2026. Acisa e BeOne Ribadeo alcanzan un acordo para bonificar a entrada ao centro deportivo ribadense ás persoas aloxadas en establecementos asociados.
Desde BeOne explican que “las personas hospedadas en hoteles y alojamientos asociados a Acisa podrán acceder a BeOne Ribadeo por 4 € hasta el 31 de agosto, disfrutando de gimnasio, piscina climatizada y zona spa durante su estancia en la localidad”.
Desde Acisa móstranse satisfeitos con este acordo alcanzado con BeOne Fitness & Sport “para ofrecer un gran descuento en la entrada diaria al centro deportivo de Ribadeo a las personas que se hospeden en establecimientos de nuestra asociación. Gracias a este acuerdo, desde este momento y hasta el 31 de agosto, las personas alojadas en hospedajes asociados podrán acceder a BeOne Ribadeo por solo 4€/día, en lugar de la tarifa habitual de 6,58€”.
Acisa e BeOne subliñan que “esta iniciativa está pensada para aportar un servicio añadido a quienes visitan Ribadeo durante sus vacaciones y desean seguir cuidándose o entrenar durante su estancia. BeOne Ribadeo cuenta con sala fitness, piscina climatizada, zona spa y sauna”.
Desde a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo sinalan que “para poder beneficiarse de esta tarifa bonificada, los huéspedes deberán acreditar en la recepción de BeOne Ribadeo su reserva, confirmación de alojamiento o el dispositivo/tarjeta/llave de acceso a la habitación”.
BeOne anima aos aloxamentos asociados a Acisa “a informar a vuestros huéspedes de esta ventaja durante su estancia, ya que puede resultar especialmente interesante para quienes pregunten por gimnasio, piscina climatizada o servicios de spa en Ribadeo”.
Acisa indica aos seus establecementos asociados que “este acuerdo, esta campaña Ribadeo Fitness Experience, nos parece un servido añadido que pueden prestar a sus clientes con un carácter diferenciador frente por ejemplo a los pisos turísticos y demás derivados”. E engaden: “este tipo de acuerdos contribuyen a enriquecer la experiencia de los visitantes y a generar sinergias entre los distintos sectores económicos de la localidad, fortaleciendo la competitividad de Ribadeo como destino turístico y comercial”.
Acisa ofrece desde hai anos outros servizos aos seus hospedaxes asociados, como pases para que os seus clientes poidan visitar a praia das Catedrais e mapas turísticos con toda a información necesaria para gozar da súa estancia en Ribadeo, datos aos que tamén poden acceder nos diferentes muppis situados en varias localizacións da vila ribadense.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



