Viveiro, 2 de xullo, 2026. Pesca Saúde organiza este mes de xullo sete demostracións de cociña en vivo en prazas de abastos, mercados e locais sociais de sete vilas galegas. Estes showcookings, centrados no peixe e nos produtos do mar, comezarán ás 11:30 h e estarán conducidos por cociñeiros e cociñeiras de prestixio, que prepararán diferentes receitas para degustación do público.
Calendario de demostracións
Martes 7 de xullo – Sada
Casa da Cultura «Pintor Lloréns»
A Artesa da Moza Crecha
Mércores 8 – A Guarda
Praza de abastos
Restaurante O Cangrexal
Xoves 9 – Carballo
Mercado Municipal
Miguel Silvarredonda
Xoves 9 – Noia
Praza de abastos
A Casa do Tello e Rosalía
Martes 14 – Vilagarcía
Praza de abastos
Miguel Mosteiro
Mércores 15 – Bueu
Praza de abastos
Escola de cociña «Cousiñas»
Xoves 16 – Viveiro
Local da Asociación Recreativa Cultural O Valado
Ana Martínez Arruñada (Escola de Hostalería IES de Foz)
As persoas interesadas poden reservar praza en i.gal/showcooking.
Durante cada evento realizaranse sorteos de degustacións de produto pesqueiro entre as persoas que participen na campaña reunindo os seus tiques de compra e deposítandoos nos buzóns de Pesca Saúde.
Peixerías adheridas e vales de desconto
Máis de 100 peixerías da costa galega participan na campaña, aceptando vales de desconto de 5 € que se entregan aos asistentes aos eventos. Estes vales poderán empregarse ata o 31 de xullo.
Outras actividades: Come o mar, come saúde
O proxecto tamén inclúe accións dirixidas ao sector da hostalaría. A través da iniciativa Come o mar, come saúde, os restaurantes adheridos están a elaborar menús saudables con produtos pesqueiros locais e de tempada.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



