Burela, 6 de xullo, 2026. A CIG denuncia que o Servizo de Cociña do Hospital da Mariña está a rexistrar, especialmente durante a época estival, temperaturas medias de entre 27,7 e 28,6 graos centígrados, valores que incumpren a normativa legal vixente sobre máximas autorizadas en centros asistenciais e en calquera lugar de traballo.
Segundo explica o sindicato, esta calor excesiva supera o límite establecido para o risco de tensión térmica (a partir de 27 ºC), afectando de maneira directa ao persoal. A central sindical sostén que existe un risco potencial de desmaio debido ás condicións térmicas ás que están expostas as traballadoras e traballadores.
A CIG lembra que a Dirección do Hospital da Mariña coñece esta situación “dende hai un ano”, a través dun escrito presentado o 8 de xullo de 2025, con número de rexistro 1.297. A organización acusa á Xerencia de incumprir a Lei de Prevención de Riscos Laborais ao non adoptar medidas correctoras.
Diante desta situación, a CIG esixe á Xerencia de Lugo-Cervo-Monforte que cumpra a normativa en materia de prevención e que adopte medidas urxentes para solucionar o problema. Advirten que, de non facelo, o sindicato presentará denuncia ante a Inspección de Traballo.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



