Lugo, 23 de xullo de 2026. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta mañá ao recinto do Vendaval Fest de Ribadeo, onde a Asociación Catro Caños traballa nos últimos preparativos para a cuarta edición do festival, que se celebra este venres e sábado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Dakidarría, The Real Mckenzies, El Drogas, Hamlet, Benito Kamelas, Ruxe Ruxe, Hermana Furia, Ochobre, Las Moskas Retrompeteras, The Lizards e Demenzia Social completan o cartel do festival, con concertos a partir das 18.30 horas no recinto do festival. A música tamén chegará as rúas ribadenses, con actuacións gratuítas pola vila o sábado 25 ao mediodía da man das bandas tributo Lija&Terciopelo e La Green River Band.
Daniel García valorou o traballo da organización que “puxo Ribadeo no mapa de festivais que temos na comarca e no país, dándonos máis opcións para acceder á música en directo” e sinalou que “para a Vicepresidencia da Deputación é prioritario dar apoio a iniciativas que xurden do asociacionismo e teñen unha implicación clara coa rede creativa, cultural e económica local”.
A Asociación Catro Caños poñerá o peche ao festival cunha xornada musical e gastronómica o domingo 26 na Praza de España de Ribadeo a partir das 13:00 horas.




























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



