Burela, 3 de agosto, 2026. O madrileño Fernando Kanacri proclamouse de novo campión absoluto do XII Torneo de Tenis Concello de Burela – Memorial Xosé Luis Yebra, na gran final celebrada o pasado 2 de agosto nas pistas da Marosa, que rexistraron unha excelente asistencia de público.
Kanacri impúxose en dous sets (6-4, 6-4) a Miguel Anxo González, do Club de Tenis A Marosa, nun partido moi disputado e de gran nivel.
Con este triunfo, Fernando repite as vitorias acadadas en 2021, 2023, 2024 e 2025, contando por triunfos todas as súas participacións no torneo. Pola súa banda, Miguel, que xogaba a súa primeira final en Burela, realizou un bo encontro pero non foi suficiente para destronar o campión.
🏆 Final de Dobres
Na final de dobres, disputada o sábado, Fernando Kanacri e a súa filla Laura venceron a Rafael Marful e Valentina Blanco nun partido entretido que tamén se resolveu por 6-4 e 6-4 a favor da parella madrileña.
🥈 Trofeo de Consolación
O Trofeo de Consolación na categoría absoluta foi para Jesús Aponte (Jota), que se impuxo a Luis Losada na final.
👦👧 Categorías de xóvenes
Sub-11: Jesús Caja venceu a Thiago Da Silva por 3-6, 6-1 e 10-5 no supertiebreak.
Consolación sub-11: Carlos García.
Sub-15: Carlos Caja gañou a Leo Rodríguez por 6-4 e 6-3.
Consolación sub-15: Guillermo Pardiñas.
🎉 Entrega de premios
Tras a final absoluta celebrouse a entrega de trofeos e vales de compra en material deportivo para campións e subcampións de todas as categorías. No acto participaron a alcaldesa Carmela López e o concelleiro de Deportes Carlos Méndez.
🕊️ Homenaxe a Xosé Luis Yebra
O torneo, organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa coa colaboración do Concello de Burela, celebrouse do 18 de xullo ao 2 de agosto e pechouse cun emotivo acto de homenaxe á familia de Xosé Luis Yebra.
A organización expresou o seu agradecemento a participantes, Concello, público asistente e entidades colaboradoras.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



