A Xunta de Goberno vén de aprobar convenios para colaborar co Arao Festival de Foz, dotar de nova maquinaria ao Concello de Ribas de Sil e impulsar a competitividade das empresas da provincia a través da Confederación de Empresarios da Provincia
Lugo, 7 de agosto de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un novo paquete de investimentos para reforzar a cooperación cos concellos e impulsar o desenvolvemento económico da provincia mediante o apoio ao tecido empresarial e aos sectores produtivos. “Os acordos aos que chegamos hoxe teñen un denominador común: impulsar a actividade económica, mellorar os servizos e crear oportunidades no territorio”, destacou a responsable provincial. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, na rolda de prensa posterior á sesión.
No ámbito da cooperación municipal, a Xunta de Goberno aprobou dous convenios cos concellos de Foz e Ribas de Sil.
A institución provincial colaborará co Concello de Foz cunha achega de 18.148,79€ para financiar a celebración do Arao Festival, unha proposta cultural que combina música e outras actividades abertas ao público e que enriquecerá a programación estival do municipio. García Porto destacou que esta iniciativa “dinamiza a vida social e cultural de Foz, atrae visitantes e xera un impacto positivo para o comercio, a hostalaría e o turismo da Mariña”.
A Deputación tamén autorizou un investimento de 135.000 euros para o Concello de Ribas de Sil destinado á adquisición dunha miniescavadora para a prevención de incendios forestais e dun camión de servizos múltiples con sistema portacontedores. Unha actuación que permitirá reforzar a capacidade operativa do municipio tanto na prevención e resposta fronte aos incendios como na prestación dos servizos municipais, contribuíndo a mellorar a seguridade e a calidade de vida da veciñanza.
Impulso á competitividade das empresas lucenses
A Xunta de Goberno deu luz verde a un convenio bianual coa Confederación Empresarial da Provincia de Lugo, dotado con 180.000 euros -entre as anualidades 2026 e 2027-, para desenvolver o programa Lugo Presente e Produtivo.
A iniciativa permitirá impulsar accións de apoio ás empresas da provincia en ámbitos como a dixitalización, a innovación e a sustentabilidade. Ademais, contempla a elaboración dun estudo sobre o absentismo laboral no tecido empresarial lucense e unha guía de boas prácticas que sirva de ferramenta para empresas e profesionais. “O obxectivo é seguir fortalecendo a competitividade das empresas e contribuír á creación de emprego e riqueza na nosa provincia”, sinalou García Porto.
Formación para un sector estratéxico
A Xunta de Goberno aprobou tamén un convenio coa Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo por importe de 60.000 euros para poñer en marcha unha aula móbil forestal destinada á formación de operarios e operarias do sector.
Este proxecto permitirá achegar a formación directamente aos montes, facilitando o acceso á capacitación profesional, mellorando a cualificación das persoas traballadoras e incrementando a competitividade dun sector estratéxico para a provincia. Ademais, incluirá un módulo específico sobre boas prácticas para a conservación da rede viaria provincial, co obxectivo de compatibilizar a actividade forestal co coidado das infraestruturas públicas.
García Porto destacou que estes acordos “reflicten o compromiso da Deputación cos concellos, co tecido empresarial e cos sectores produtivos da provincia, apoiando iniciativas que xeran actividade económica, melloran os servizos públicos e contribúen a fixar poboación e crear oportunidades en todo o territorio”.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



