Os deputados Antonio Ameijide e José María Fernández mantiveron un encontro con familiares de usuarios do CAM de Trabada
Trabada, 10 de agosto de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular amosan o seu rexietamento ao drástico incremento das tarifas dos Centros de Atención a Maiores da rede provincial que, nalgúns casos, pasarán a pagar 810€ máis cada mes.
Así o manifestaron os deputados Antonio Ameijide e José María Fernández durante unha xuntanza que mantiveron con familiares dalgúns usuarios do centro de atención a maiores de Trabada.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recordou que PSOE e BNG aprobaron en pleno esta suba das tarifas que contou co voto en contra dos deputados populares.
Ameijide criticou que “mentres PSOE e BNG seguen a presumir de políticas sociais, aproban subas de tarifas superiores ao 50 e ao 60% en residencias como a de Trabada”.
“Moitos dos nosos maiores teñen pensións modestas e estas subas de ata 810€ dun mes ao seguinte obrigan ás súas familias a facer encaixes de bolillos ou poñen en risco que podían seguir asumindo ese custe”, denunciou.
Ameijide explicou que, segundo os datos das liquidacións ás que tivemos acceso, no CAM de Trabada “a asfixia económica sobre as familias faise evidente en cifras concretas”:
Incremento mensual: A recadación da residencia pasa de 46.897,19€ no mes de xuño a 56.981,34€ en xullo, o que supón unha suba mensual de 10.084,15€ que sairá directamente do peto dos maiores e das súas familias.
Incrementos desorbitados: Hai residentes dependentes aos que a mensualidade se lles incrementa de forma directa en 810€ cada mes, pasando de aboar 1.390€ a 2.200€.
Hai varios casos de usuarios autónomos, o prezo increméntase nun 62,04%, pasando de pagar 1.080€ a 1.750€ (+670 €/mes).
Dende o Grupo Popular critican duramente que a decisión adoptada por parte de socialistas e nacionalistas, que demostra “unha total falta de empatía e de sensibilidade social coas persoas maiores do medio rural e as súas familias”.
“É inaceptable que a Deputación de Lugo presuma de políticas sociais mentres aproba polas subas de tarifas superiores ao 50 e ao 60% en residencias como a de Trabada. Moitos dos nosos maiores teñen pensións modestas e estas subas obrigan ás súas familias a facer encaixes de bolillos para poder manter aos seus maiores nun centro público”, denunciou Ameijide.
Pola súa banda, José María Fernández explicou que “o malestar é profundo” entre as familias, xa que “este incremento é inasumible e desmedido, co agravante de que o alcalde mira cara outro lado e se nega a plantarlle cara ao goberno da Deputación”.
O voceiro popular en Trabada recorda que “no noso partido sempre mantivemos unha postura firme de rexeitamento a este incremento e seguimos a esixir que dean marcha atrás, que recapaciten, escoiten o clamor das familias e revisen de inmediato este modelo para garantir uns prezos públicos xustos, accesibles e acordes ás capacidades económicas dos residentes”.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



