A seguinte parada do circuíto, impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia, será Foz, entre o 20 e o 23 de agosto
Viveiro, 13 de agosto de 2026. A Feira do Libro de Viveiro abriu hoxe as súas portas nos xardíns Noriega Varela, onde permanecerá ata o 16 de agosto cunha programación que inclúe preto de medio cento de actividades. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa organización desta cita, na que participan once librarías e editoriais que sacan os libros á rúa durante catro xornadas con presentacións, sinaturas e propostas de animación á lectura.
A deputada de Cultura, Iria Castro, participou na inauguración, que contou cos pregóns do catedrático de Lingua e Literatura Emilio Xosé Ínsua e da pregoeira infantil Carla Casabella Ínsua. No seu discurso, Castro reafirmou o apoio da institución provincial á Federación de Librarías para organizar as feiras do libro da provincia, destacando que “as feiras levan os libros a espazos públicos e compartidos e danlle á lectura unha visibilidade e unha dimensión colectiva que contribúe a crear e fidelizar lectoras e lectores”.
A responsable provincial puxo en valor “os libros como resultado dun traballo que implica moitos colectivos profesionais, desde a escritura, a corrección, a tradución, a maquetación ata a venda nas librarías”, e salientou “o papel chave do sector na normalización do galego”. Ademais, animou ao público a visitar a caseta do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia, que amosa os últimos títulos editados pola Deputación, entre eles Enxeñería hidráulica do s. XVIII na cidade de Mondoñedo. A traída histórica de auga, de Xurxo Lorenzo, e Mulleres da Salitre, de Paco Rivas.
Pola súa banda, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, destacou na inauguración “a eficacia deste formato para fomentar a lectura entre a cidadanía e impulsar o sector do libro galego”. Subliñou tamén que estas feiras “dinamizan as vilas e cidades ao longo do estío, ampliando a súa programación cultural”, e recoñeceu “o papel principal dos libreiros, que fomentan a interacción directa entre creadores e público e implican aos lectores en múltiples actividades”.
Baixo o lema A porta a universos infinitos, a Feira do Libro de Viveiro ofrecerá presentacións, sinaturas, humor, maxia, teatro, espectáculos infantís e conversas, entre outras propostas. As casetas estarán abertas ao público en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas.
A cita viveirense forma parte do circuíto de feiras do libro que a Xunta impulsa en colaboración coa Federación de Librarías de Galicia, e que este verán percorre 13 municipios galegos, dando lugar a máis de 80 días de actividade cultural. Enmárcase tamén na campaña Para gustos, cultura, coa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove máis de 3.600 actividades en 200 concellos.
Viveiro é a undécima das feiras celebradas este ano, tras Ferrol, Santiago, Lugo, O Porriño, Redondela, Ourense, Vigo, Ponteareas, Rianxo e A Coruña. O relevo recollerano Foz, do 20 ao 23 de agosto, e Monforte de Lemos, do 26 ao 29, pechando o calendario deste 2026.























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



