Viveiro, 18 de agosto, 2026. Na tarde do 14 de agosto, a Asociación Boga Mariñeiro presentou na sala multiusos do Concello de Viveiro a escultura en homenaxe á canción Catro Vellos Mariñeiros, nun acto que contou cunha asistencia masiva e que se converteu nun rotundo éxito de participación. A resposta cidadá volveu ser extraordinaria na convocatoria organizada pola entidade o día 16 de agosto, ás 00:00 horas, na Praza Maior, onde milleiros de persoas se reuniron para cantar de maneira colectiva a que é considerada a canción máis popular da cidade.
A Asociación destacou que este encontro foi moito máis ca un acto de apoio ao proxecto escultórico destinado a enriquecer o patrimonio local. Converteuse nunha auténtica manifestación cidadá que marca o inicio dunha tradición chamada a perdurar no tempo, repetíndose cada 16 de agosto á medianoite para recibir o día do Santo Copatrón da cidade do Landro.
A entidade expresou o seu agradecemento á Comisión de Festas Patronais de Viveiro pola inclusión das actividades no programa oficial, así como ao Concello de Viveiro pola cesión da sala multiusos. Tamén fixo unha mención especial ás asociacións musicais Bágoas da Terra e á Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro pola súa entrega e colaboración, enchendo a praza de alegría e emoción e demostrando, unha vez máis, que Catro Vellos Mariñeiros continúa a ser o latido máis forte do pobo viveirense.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.