Xove, 1 de setembro, 2026. O Concello de Xove informa de que hoxe, 1 de setembro, abre o prazo de solicitude de matrícula para o novo alumnado que desexe formarse musicalmente na Escola Municipal de Música de Xove de cara ao curso 2026-2027.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude do 1 ao 30 de setembro, achegándose ao Rexistro Municipal, onde poderán cubrir e entregar o impreso de inscrición correspondente.
Unha vez rematado o prazo, o luns 5 de outubro publicarase a lista de alumnado admitido para o vindeiro curso 2026-2027.
🎤 Novidade do curso: reforzo da educación vocal
Para este novo curso, ademais de manter as materias e actividades habituais da Escola Municipal de Música, o Concello de Xove reforzará de maneira especial a educación vocal, ampliando a oferta para que esta formación non estea dirixida unicamente ao alumnado infantil.
Como novidade, a proposta estará tamén orientada ao alumnado adulto, co obxectivo de crear un espazo no que as persoas participantes poidan desenvolver as súas capacidades vocais e, sobre todo, formar parte dunha actividade coral en grupo.
Deste xeito, a Escola Municipal de Música de Xove abre as súas portas a todas aquelas persoas da localidade que gocen de cantar e teñan interese en desenvolver esta afección, ofrecéndolles a oportunidade de facelo de maneira colectiva e acompañada desde este mesmo curso 2026-2027.
Desde o Concello destacan que esta nova proposta busca consolidar a Escola Municipal de Música como un espazo aberto á participación da veciñanza, á formación e ao goce da música, creando novas oportunidades para achegarse á práctica musical independentemente da idade.
O Concello de Xove anima a todas as persoas interesadas en iniciar ou continuar a súa formación musical a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido e, moi especialmente, ás persoas adultas afeccionadas ao canto que queiran descubrir a experiencia de formar parte dun grupo coral.








A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.