Viveiro, 19 de setembro, 2026. Un paciente de Viveiro, enfermeiro de profesión e con medicación crónica catalogada polo SERGAS como non demorable, acudiu á súa farmacia ao quedar con pouca medicación. Alí confirmáronlle que non tiña ningunha receita activa no sistema.
O episodio tivo lugar un venres pola tarde, polo que o paciente decidiu chamar ao PAC de Viveiro. Desde o servizo comunicáronlle que non lle podían renovar as receitas, argumentando que non se trataba dunha urxencia. Con todo, a medicación que precisaba estaba incluída polo SERGAS na categoría de non demorable, e os PACs —como indica a súa denominación— atendían urxencias pero tamén atención continuada, especialmente en casos nos que a interrupción dun tratamento podía comprometer a saúde.
📌 Medicación non demorable segundo o SERGAS
Inclúe fármacos cuxa suspensión pode supoñer un risco grave:
– Antidiabéticos, especialmente insulinas, imprescindibles para o control da diabetes.
– Antiepilépticos e anticonvulsivantes, cuxa falta pode desencadear crises epilépticas.
– Antipsicóticos, necesarios para evitar descompensacións e axitación de rebote en pacientes psiquiátricos ou con demencia.
– Inmunosupresores en pacientes trasplantados, fundamentais para evitar o rexeitamento do enxerto.
– Terapia cardiovascular esencial, como anticoagulantes de acción directa ou heparinas, claves para previr trombos e embolias.
📌 Derivación sen solución
Desde o PAC remitírono á súa médica de familia. Ao intentar pedir cita, comprobou que non había dispoñibilidade durante todo o mes de setembro.
“Temos entón que pedir cita con dous meses de antelación?”, cuestionou o paciente, sorprendido pola falta de acceso á atención primaria.
📌 A farmacia asumiu o custo para evitar un risco sanitario
Finalmente, a farmacia —onde era coñecido— decidiu adiantar a medicación non demorable, asumindo o custo co seu propio peto para evitar que o paciente quedase sen tratamento.
O enfermeiro preguntouse entón: “Se a farmacia se nega, está no seu dereito. ¿O SERGAS permite que un paciente se desestabilice por non querer renovar medicación non demorable que compromete a súa saúde?”
📌 Un caso que evidencia unha falla asistencial
O sucedido puxo de manifesto que, nese momento, a continuidade asistencial non estaba garantida, e que nin o acceso á sanidade pública nin a renovación de tratamentos crónicos urxentes e non demorables quedaban protexidos, deixando ao paciente nunha situación de risco evitable.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



