Os senadores lucenses poñen como exemplo as políticas da Xunta, que en 2026 mobiliza máis de 40 millóns de euros en programas específicos para autónomos e mantén un Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 dotado con máis de 320 millóns
Lugo, 22 de setembro de 2026. O Partido Popular reclamará este mércores no Senado que o Goberno de España poña en marcha un plan de choque específico para frear a perda continuada de traballadores autónomos na provincia de Lugo. Os senadores lucenses José Manuel Balseiro e Juan Serrano serán os encargados de defender na Comisión de Traballo e Economía Social unha moción coa que o Grupo Popular pretende situar no centro do debate unha evolución que cualifica de “especialmente preocupante”.
Os últimos datos correspondentes a agosto de 2026 sitúan en 30.582 o número de autónomos na provincia de Lugo, un 0,61% menos que un ano antes. A evolución contrasta coa de Galicia, onde o número de autónomos aumenta, tamén conxunto de España, onde medra un 1,87%. A maiores, desde agosto de 2018 a provincia perdeu 4.270 traballadores por conta propia, o que supón unha caída superior ao 12%.
Balseiro e Serrano consideran que estes datos evidencian “un problema específico que o Goberno de Pedro Sánchez non pode seguir ignorando nin atribuír exclusivamente á demografía, á estrutura produtiva ou ás competencias doutras administracións”.
“O Goberno de España non pode lavarse as mans”, sosteñen os senadores, que lembran que o Executivo central ten competencias directas sobre o Réxime Especial de Traballadores Autónomos, as cotizacións, a Seguridade Social, a protección social e ámbitos relevantes da fiscalidade e da regulación que condiciona a actividade dos traballadores.
Os senadores lucenses poñen como exemplo as políticas da Xunta en materia de emprego por conta propia, que en 2026 mobiliza máis de 40 millóns de euros en programas específicos para autónomos e mantén un Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030 dotado con máis de 320 millóns.



















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



