O Concello de Tapia de Casariego finalizou as obras de adecuación e sinalización dos accesos e do entorno do antigo cargadoiro de Porcía, unha actuación destinada a mellorar a seguridade, a accesibilidade e a conservación dun dos enclaves máis singulares do municipio
Tapia de Casariego, 28 de setembro de 2026. A inversión total ascendeu a 48.395,10 euros, financiados principalmente a través de fondos do GALP, cunha achega de 46.316,76 euros, mentres que o Concello de Tapia contribuíu con 2.078,34 euros de fondos propios.
O camiño de acceso ao cargadoiro presentaba un importante deterioro e, tras as choivas torrenciais rexistradas en maio de 2024, produciuse un desprendemento dunha parte do terreo que caeu sobre a praia de Porcía. Esta situación deixou o sendeiro impracticable e puxo de manifesto a necesidade de acometer unha intervención integral para recuperar e consolidar o acceso.
O proxecto executado permitiu afirmar e estabilizar o terreo, así como canalizar distintos puntos de escorrentía e mananciais co obxectivo de evitar que poidan reproducirse episodios similares no futuro. Ademais, nivelouse o camiño e aplicouse unha nova capa de rodadura para mellorar as condicións de tránsito e o acceso ao entorno.
Dentro da actuación tamén se reparou a valado de madeira, substituíndo todos aqueles elementos deteriorados ou en mal estado. Os traballos culminarán coa instalación de novas mesas e bancos na explanada situada ao final da punta do cargadoiro, creando un espazo de descanso e desfrute para veciños e visitantes.
Desde o Concello de Tapia destácase que esta intervención permite recuperar a plena funcionalidade dun acceso de gran valor paisaxístico, turístico e patrimonial, ao tempo que mellora a seguridade das persoas que utilizan este percorrido e favorece a posta en valor do entorno do antigo cargadoiro de Porcía. Ademais, a actuación contribúe a mellorar as condicións de acceso e seguridade das casas e vivendas próximas que tamén se viron afectadas polo deterioro do camiño e polos desprendementos ocasionados polas choivas torrenciais.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.



