Pasados máis de 6 meses dende a solicitude de catalogación, o salmón galego debe considerarse xa como “en perigo de extinción”
A Mariña, luns 28 de setembro de 2026. Na reunión deste martes, día 29, do Observatorio Galego da Biodiversidade, figura na orde do día a solicitude de inclusión do salmón atlántico galego (Salmo salar L.) no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (CGEA) coa categoría de “En perigo de extinción”. ADEGA non agarda outra cousa que un pronunciamento favorábel do Observatorio, no que a Xunta ten maioría, e que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural dea conta do expediente de catalogación.
Foi en xaneiro pasado cando ADEGA, xunto con outras entidades conservacionistas, solicitamos formalmente a catalogación do salmón atlántico galego como especie en perigo de extinción, presentando por rexistro toda a documentación requirida. O procedemento administrativo fixado no Decreto 88/2007 establece un prazo máximo de 6 meses (art. 7.5) para que a administración resolva as solicitudes feitas a instancia de parte, como é o caso. Xa que logo, e transcorridos máis de 6 meses sen que a Xunta se pronunciara, a solicitude feita por ADEGA e secundada por SGHN, FEG e AEMS-Ríos con Vida, ficou estimada a teor do antedito artigo.
Trátase dun éxito do movemento ecoloxista e da sociedade galega, que dentro da campaña #AlertaSalmónGalego apoiou con máis de 3.000 sinaturas a proposta de dar a máxima protección legal ao salmón atlántico, para tentar reverter a súa crítica situación. Trátase de salvar a unha especie que estamos a piques de perder polo maltrato dos ríos e océanos e por unha ineficaz xestión. Precisamente hai uns días, o Comité Científico de Fauna e Flora do Ministerio ditaminou tamén a favor de incluír o salmón no Catálogo Español de Especies Amenazadas (CEEA) na categoría “En perigo de extinción”.
Pola súa banda, chama moito a atención a postura da Xunta a respecto do salmón. Primeiro, ignorando a petición de xuntanza (abril de 2026) do Observatorio Galego da Biodiversidade para debater a situación da especie; e tamén a petición de suspender a celebración do “consurso” de pesca no Ulla, que finalmente tivo lugar o pasado mes de maio co previsíbel resultado de 0 (cero) capturas. Despois, deixando pasar o prazo legal establecido para dar resposta á nosa solicitude e deixando que fora o silencio administrativo o que resolvera a petición de catalogación.
A este desleixo institucional pola xestión da nosa biodiversidade únese a renuencia en cumprir a lei, xa que, vulnerando o establecido no Decreto 260/2007 que regula o Observatorio Galego da Biodiversidade, a Xunta non convocou ningunha reunión deste organismo consultivo en todo 2025.
Finalmente, ADEGA celebra que o salmón galego vaia gozar da protección que merece, coa consolidación da prohibición total da súa captura, sen excepcións. Mais isto non é suficiente: a Xunta debe aprobar con urxencia o plano de recuperación da especie para reverter a súa situación crítica, con medidas e orzamento para mellorar o hábitat e reducir os impactos.
Neste senso, actuacións como a recente represa do Umia ou proxectos como a reapertura da mina de Touro-O Pino, bendicidos pola Xunta, son un triste exemplo do que non se debe facer se queremos seguir tendo salmóns nos nosos ríos.





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



