Que calor! 2026: una ano que aínda non rematou pero leva todas as cartas para bater unha nova marca no quecemento global dende que hai rexistros. Un quecemento global que non só segue empurrando o termómetro, senón que o fai cada vez con máis claridade: máis continuidade batendo marcas o termómetro e aceleramento nas temperaturas medias. E claro, as súas consecuencias. Non hai que esquecer que máis temperatura significa que hai máis enerxía dispoñible no ambiente para que os ventos podan ser máis rápidos, as tormentas podan converterse en furacáns, que os océanos se quenten máis, que o xeo se derreta, ou que os cambios de temperie sexan máis bruscos e extremos ó largo do planeta.
E aí, chega unha nova noticia: só Groenlandia (moito máis pequena que a Antártida, pero a segunda acumulación mundial de xeo despois dela), entre 1985 e 2022 leva perdido 1034 000 millóns de toneladas métricas de xeo. Máis do estimado en principio. Segue a ser unha estimación anual, unha media, pois o xeo varía de verán a inverno, claro. Pero non por iso deixa de ser unha desas cantidades que fai falta tratar de xeitos diferentes para comprender o que significa. Diso van estas verbas. [Unha nota: se te mareas, le só a última parte de cada parágrafo, ten menos números e tenta condensar a idea do parágrafo en conxunto]
Redondeando, esa cantidade, ese billón de toneladas métricas ven ser un cubo de 10 km de lado, isto é, 10 km de longo por 10 km de largo por 10 km de altura cheo de xeo. Ou sexa, equivalente a cubrir de xeo todo o concello de Ribadeo ata unha altura de 10 km. Ou cubrir Galicia enteira cunha capa duns 40 m de xeo.
Pode que non se considere tanto, para unha illa tan grande coma Groenlandia, dunha extensión dunhas 4 veces España. Ó fin, son 37 anos. Iso lévanos a unha perda de algo menos de 30 mil millóns de toneladas anuais, 30 billóns de litros. Se a traída de auga a Ribadeo anda por un consumo diario de 1 000 000 de litros segundo a SINAC, a perda de xeo groenlandés nun ano daría para o consumo ribadense de 30 millóns de días. Isto é, a perda de xeo anual en Groenlandia daría para fornecer de auga a Ribadeo uns 80 000 anos. E o xeo que leva perdido Groenlandia dende o 1985, para o consumo de auga ribadense de varios millóns de anos.
Visto doutro xeito, en todo o termo do concello de Ribadeo, anualmente por termo medio, caen uns 90 000 000 000 L de chuvia. É dicir, a chuvia que caen en todo o concello de Ribadeo é un fluxo equivalente a unhas 3 milésimas da cantidade de xeo que se escorre de Groenlandia na mesma cantidade de tempo.
Outro máis: eses 30 mil millóns de toneladas anuais veñen sendo 80 millóns de toneladas diarias, ou mil toneladas por segundo. Mil toneladas de auga por segundo que adelgaza o manto xeado de Groenlandia, unhas 50 veces o caudal medio do río Eo…
Unha comparación máis: cunha extensión oceánica duns 360 millóns de km2, a perda de xeo derretido en Groenlandia dende o 1985 dá por si só, sen contabilizar a dilatación polo aumento de temperatura, para unha elevación do nivel do mar de 3 cm. E a cousa está a acelerarse. Pouco, verdade? Que llo pregunten á xente da Veiga que sofre inundacións periódicas da súa vila…
Mareo de números? Só un mareo pequeno entre os que produce unha das grandes crises da nosa época, a climática.





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



