A xornada celebrarase o 18 de outubro e busca retirar plumeiros para afrontar logo a eliminación da planta
Ribadeo, 1 de outubro de 2026. Concello de Ribadeo e a Asociación Galicia Ambiental convocanunha actividade para sensibilizar e loitar contra a problemática das especies invasoras, a acción ten como principal obxectivo actuar sobre exemplares illados de herba da Pampa (Cortaderia selloana) antes de que se multipliques os focos de expansión, implicando directamente á cidadanía nos traballos de prevención e control desta especie invasora. “Ribadeo sen plumeiros” vense de convocar para o próximo 18 de outubro, unha xornada de voluntariado nas rúas e na zona industrial de Ribadeo para retirar plumeiros de herba da Pampa, dentro das actuacións desenvoltas polas asociación no marco do proxecto europeo LIFE Coop Cortaderia 2024-2028. O punto de encontro será a gasolineira do polígono industrial de Ribadeo ás 09:00 horas.
A elección de Ribadeo non é casual. A Mariña lucense constitúe actualmente unha zona de risco de expansión pola provincia de Lugo, pola súa proximidade ás importantes poboacións de Cortaderia existentes no occidente asturiano e pola capacidade de dispersión das sementes a través das vías de comunicación, principalmente a A-8, a nacional N-634 e a vía férrea de FEVE.
Unha chamada á participación cidadá
A xornada do 18 de outubro en Ribadeo permitirá aos voluntarios a colaborar directamente na retirada de plumeiro, evitando que milleiros de sementes poidan dar lugar a novas plantas no concello e contribuíndo tamén a mellorar o coñecemento sobre a distribución da especie de cara a accións de extracción da planta a partires de xaneiro de 2027.O voluntariado forma parte das medidas de sensibilización e participación cidadá desenvoltas por Galicia Ambiental dentro do LIFE Coop Cortaderia. O proxecto contempla a colaboración con concellos, colectivos locais e centros educativos, así como actuacións directas de eliminación da planta.
A asociación aposta por actuar seguindo o principio de “ir de menos a máis”: eliminar as plantas nas zonas de nova implantación antes de que a súa expansión obrigue a afrontar actuacións moito máis complexas.
A ría de Ribadeo, unha fronteira natural
Neste contexto, Galicia Ambiental destaca un certo “efecto fronteira” da Ría de Ribadeo, que reduce o número de sementes que poderían chegar desde Asturias á costa lucense. A situación no lado asturiano evidencia a importancia desta barreira natural. As marxes da A-8 están xa moi contaminadas por herba da Pampa e a especie comeza a estar presente tamén en zonas de pradeira do interior da franxa costeira do occidente asturiano, xerando importantes reservorios de sementes nas proximidades da costa.
A proximidade dos focos asturianos e a presenza de exemplares illados no territorio lucense fan necesario actuar antes de que a especie consiga consolidarse, de xeito especial no Polígono Industrial onde prenderon ducias de plantas en cada parcela, polo que se volve urxente eliminar antes de converterse nun foco de dispersión case irrecuperable.
A Mariña está a tempo de poñer freo a unha expansión que necesitará ademais da cooperación dos centros de mantemento da A8 na comarca, para erradicar as plantas que xa están presentes nesta autoestrada procedentes do outro lado do Eo, xa que neste tipo de rías a asociación non pode actuar directamente, por razóns de seguridade.
Galicia Ambiental propón unha actuación integral en toda A Mariña
Para Galicia Ambiental, a actuación en Ribadeo debe formar parte dunha resposta máis ampla. A asociación propón unha actuación integral nos municipios de toda A Mariña lucense, que permita localizar, controlar e eliminar os exemplares existentes e facer un seguimento das zonas máis expostas á chegada de sementes.O obxectivo é evitar que o que hoxe son plantas illadas acabe converténdose nun problema de grandes dimensións, como xa sucede nas Rías Baixas, no Golfo Ártabro ou en boa parte da costa asturiana.
A situación actual ofrece unha oportunidade para actuar de maneira preventiva. Galicia Ambiental considera que é necesario aproveitar este momento para implicar os concellos e a cidadanía e evitar que A Mariña siga o mesmo proceso de expansión que xa se produciu noutras zonas do Arco Atlántico.A xornada de voluntariado do 18 de outubro en Ribadeo será, neste sentido, unha nova acción para avanzar nesa prevención e para implicar á sociedade local na protección do territorio fronte á expansión da herba da Pampa.
Proxecto LIFE Coop Cortaderia
A asociación Galicia Ambiental forma parte do consorcio de institucións e organizacións que desenvolverá o programa LIFE Coop Cortaderia +, que abrangue varias rexións e comunidades autónomas atlánticas de España, Portugal e o suroeste de Francia para o control da especie invasora herba da Pampa.O proxecto propón avanzar no control e erradicación da Cortaderia selloana no Arco Atlántico, aproveitando o efecto de arrastre do anterior LIFE Stop Cortaderia (2018-2022) para afondar nas leccións aprendidas, ao mesmo tempo que se desenvolven ferramentas para mellorar a gobernanza pública e a resposta fronte á invasión da Cortaderia.O principal obxectivo céntrase agora en mellorar a metodoloxía de control e xestión desta especie invasora dentro do territorio galego, xerando un «territorio barreira» para a protección das zonas do interior, onde se buscará a súa erradicación.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



