O delegado territorial, Alfonso Villares, comprobou a marcha da campaña no centro da Fundación de Dano Cerebral en Castro Ribeiras de Lea
Castro de Rei, 1 de outubro de 2026. A Xunta de Galicia iniciou esta semana nas residencias de maiores e de persoas con discapacidade a campaña de vacinación fronte á gripe e a covid, que se desenvolverá progresivamente entre outros colectivos ata o 31 de decembro.
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou hoxe o operativo no centro da Fundación de Dano Cerebral en Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei), e explicou que o 13 de outubro incorporarase a vacinación infantil, o día 19 estenderase ás persoas de 70 ou máis anos e aos profesionais sanitarios, e o 2 de novembro ás embarazadas.
A poboación diana para a vacinación fronte á gripe confórmana as persoas de 60 anos ou máis -unhas 926.000 en Galicia-, e a do covid os maiores de 70 anos -549.000 aproximadamente-. Como novidade, este ano amplíase a vacina antigripal de alta carga para toda a poboación de 65 anos ou máis.
Villares subliñou as elevadas taxas de cobertura que presenta Galicia e referiuse aos datos concretos da vacina antigripal na provincia de Lugo, onde se utilizaron na pasada campaña 114.299 doses, cunha taxa de cobertura entre as persoas de 60 anos ou máis do 67,5%, dous puntos por riba da do 2024. A porcentaxe elevouse ata o 81,5% no caso dos maiores de 80 anos.
Centros escolares
O proxecto piloto de vacinación nos centros escolares botou a andar o ano pasado en nove centros educativos lucenses de contornos urbanos, semiurbanos e rurais, e acadou unha participación do 47,7%. Este ano serán 12 os colexios nos que se poderá administrar a vacina intranasal, sen picada, ao alumnado de entre 3 e 11 anos.
Os centros que participan no programa son o CEIP Luis Pimentel e o CPR Plurilingüe San José, na cidade de Lugo; tamén o CEIP Purilingüe Vista Alegre de Burela, o CEIP Plurilingüe Xoán de Requeixo de Chantada, o CPI Plurilingüe Virxe do Monte de Cospeito, o CPI Plurilingüe Dr. López Suárez de Friol, o CEIP Lagostelle de Guitiriz, o CPR Real Colegio Padres Escolapios de Monforte de Lemos, o CEIP Plurilingüe de Monterroso, o CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria, o EEI de Vilalba e o CPR Plurilingüe Landro de Viveiro.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.


