Viveiro, 5 de outubro, 2026. Os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro impulsan Feito co Mar para promover elaboracións de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, adubados, desecados, patés e pratos elaborados, poñendo o foco especialmente en prácticas artesanais. Para iso, están a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos de Emprendemento que contarán con dous programas formativos en 2027, un de iniciación e outro de profesionalización. Ambos os dous estarán orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento de proxectos de emprendemento e innovación.
Durante as últimas semanas, os GALP celebraron unha serie de entrevistas con confrarías dos territorios participantes co obxectivo de enfocar os contidos e a proposta formativa do proxecto para que se adapte ás particularidades de cada territorio. O sector pesqueiro é especialmente relevante en Feito co Mar, xa que o proxecto ten como propósito principal valorizar a actividade pesqueira e potenciar a remuda xeracional coa creación de novas empresas e o impulso de actividades económicas de transformación dos produtos do mar.
A programación detallada dos Viveiros será presentada ao público a partir do mes de outubro a través de máis de vinte encontros informativos que se celebrarán en concellos de todo o litoral galego. Estes eventos serán a ocasión para que as persoas interesadas poidan obter información sobre os programas formativos e tamén para captar proxectos de emprendemento que poidan impulsarse a través dos Viveiros.
O programa formativo
Os Viveiros están pensados para capacitar de maneira práctica na transformación e elaboración do produto pesqueiro, facendo prototipado de propostas de produtos pesqueiros transformados e elaborados, como conservas e pratos de V gama. Co obxectivo de garantir o maior éxito das iniciativas das persoas que se acheguen aos Viveiros, facilitaranse claves para o emprendemento de maneira colaborativa.
Nos diferentes módulos que se impartan nos cursos trataranse dende cuestións relacionadas coa normativa vixente, boas prácticas, técnicas ou procesos de elaboración axeitados, ata o envasado e etiquetado. Desenvolverase tamén un traballo de titorización dirixido a persoas e colectivos que, unha vez rematada a formación, precisen de apoio e asesoramento para facilitar a súa constitución como iniciativa de emprendemento.
A responsable do programa formativo será Carme Freire, que forma parte de ‘Daquí darredor’, un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas.
Rede de Espazos de Traballo Colaborativo
Dentro do proxecto, tamén se veñen realizando entrevistas cos concellos do territorio para animar a súa participación na dinamización dos Viveiros e tamén para a constitución de Espazos de Traballo Colaborativo enfocados á transformación de produto pesqueiro nos seus territorios. A dinamización deste tipo de espazos é outro dos obxectivos do proxecto que, en 2027, creará un piloto, a partir de experiencias como o Espazo de Traballo Colaborativo Monte Balado (Os Ánxeles. Brión) e unha proposta para a creación dunha Rede que articule estes espazos entre todos os GALP participantes.
Un proxecto dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro
O principal beneficiario de Feito co Mar será o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, aínda que se espera que tamén repercuta positivamente en estudantes de formación profesional, programas municipais de emprendemento, asociacións empresariais e persoas desempregadas, entre moitas outras.
Feito co Mar é unha iniciativa de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) e está cofinanciada pola UE e a Consellería do Mar da Xunta de Galicia a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Os GALP participantes son: GALP Golfo Ártabro Norte (grupo coordinador), GALP Golfo Ártabro Sur, GALP A Mariña Ortegal, GALP Costa da Morte, GALP Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Ría de Pontevedra.




















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



