As xuntanzas tiveron lugar con Valentina Corsetti, coordinadora da unidade de España e Portugal da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea; así como con Eleonora Orso, asesora de políticas públicas e coordinadora do foro de desenvolvemento económico de Eurocities
Bruxelas, 14 de outubro de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular mantiveron varias reunións institucionais en Bruxelas, no Parlamento Europeo da man do eurodeputado Adrián Vázquez, para abordar temas fundamentais para a provincia, con especial atención ao sector primario, ao desenvolvemento industrial e á captación de fondos europeos para impulsar proxectos e investimentos no territorio.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou a importancia de poder chegar a este tipo de institucións “nas que poñer sobre a mesa a realidade da provincia de Lugo” así como “coñecer de primeira man as liñas de traballo e as oportunidades que ofrece a Unión Europea”. “Lugo ten que estar presente en Europa; necesitamos coñecer as oportunidades que existen, defender os intereses dos nosos veciños e traballar para que os recursos europeos se traduzan en investimentos e oportunidades para os nosos concellos”, sinalou.
Antonio Ameijide tamén quixo agradecer “a Adrián Vázquez que nos dese esta oportunidade de poder trasladar as necesidades da provincia a Europa, poder dar voz aos nosos veciños no Parlamento Europeo “.
As xuntanzas tiveron lugar con Valentina Corsetti, coordinadora da unidade de España e Portugal da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea; así como con Eleonora Orso, asesora de políticas públicas e coordinadora do foro de desenvolvemento económico de Eurocities.
Un dos eixes das reunións foi o sector primario, clave para a economía lucense e para o mantemento da actividade económica, así como para fixar poboación no rural.
Neste senso, Ameijide destacou que “a gandería e a agricultura son sectores estratéxicos para Lugo, non só polo seu peso económico, senón tamén polo seu papel na conservación do territorio e na fixación de poboación”, polo que incidiu na necesidade de que as decisións adoptadas en Europa teñan en conta as características das explotacións lucenses e das persoas que viven e traballan no rural.
O desenvolvemento industrial foi outro dos ámbitos analizados, coa vista posta na necesidade de favorecer a chegada de novos investimentos, fortalecer o tecido empresarial e crear oportunidades de emprego. “Lugo ten potencial para medrar, xerar emprego e atraer proxectos empresariais, pero para conseguilo é fundamental coñecer os instrumentos europeos que poden contribuír a ese desenvolvemento e traballar para que a provincia non quede á marxe das oportunidades de investimento”, afirmou.
CAPTACIÓN DE FONDOS EUROPEOS
A captación de fondos europeos tamén foi un dos temas destacados xa que Europa pode contribuír ao financiamento de proxectos transformadores para a provincia. O acceso aos programas comunitarios e o coñecemento das convocatorias son aspectos relevantes para que os concellos poidan desenvolver iniciativas que melloren os servizos, impulsen a actividade económica e favorezan a cohesión territorial.
“Deste xeito os concellos, sobre todo os máis pequenos, terían unha maior capacidade para poder captar e fixar poboación e así ter a opción de atraer novos proxectos empresariais ou colaborar no crecemento dos xa existentes”, aseverou.
Antonio Ameijide destacou en que “non é suficiente con falar de fondos europeos: hai que coñecer as posibilidades reais de acceso, preparar proxectos e traballar para que eses recursos cheguen a Lugo e logo sexan realidades”.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



