Viveiro, 15 de outubro, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro denuncia o que considera unha utilización partidista dos recursos públicos por parte da alcaldesa. Segundo sinalan, o Concello está a elaborar vídeos institucionais financiados con cartos públicos nos que, afirman, se invisibiliza de maneira sistemática aos representantes da oposición, ao tempo que se inclúen declaracións e valoracións políticas da alcaldesa que, ao seu xuízo, son máis propias dun contido de propaganda partidista que dunha comunicación institucional.
O grupo socialista lembra que informar sobre a actividade municipal é unha responsabilidade pública, pero considera que aproveitar os medios institucionais para introducir mensaxes de carácter político supón un uso inadecuado dos recursos municipais.
Tamén subliñan que a veciñanza ten dereito a coñecer que nos actos oficiais non só participa o equipo de goberno, senón tamén os representantes da oposición, que forman parte da Corporación municipal e representan democraticamente unha parte relevante da cidadanía. Engaden que o feito de non aparecer nos vídeos oficiais non implica que non estean presentes, e que non se pode ofrecer unha imaxe institucional na que só exista o goberno municipal.
Do mesmo xeito, consideran inadmisible que as declaracións incluídas nos vídeos incorporen valoracións políticas que, ao seu entender, non teñen relación coa información institucional que debería transmitirse.
O PSOE de Viveiro afirma que, se a alcaldesa desexa realizar contidos de carácter político, dispón das canles do seu partido. O que cuestionan é o uso de recursos económicos municipais para elaborar materiais que, segundo indican, responden a intereses partidistas. Engaden que esta situación resulta especialmente preocupante en período electoral, no que a neutralidade institucional debe ser escrupulosa.
Por todo isto, o Grupo Municipal Socialista esixe transparencia sobre o custo destes vídeos, os criterios empregados na súa edición e o respecto á pluralidade política da Corporación municipal. Finalmente, lembran que o Concello non é patrimonio de ningún partido político, que os medios institucionais non son ferramentas de comunicación partidaria e que os recursos públicos non deben destinarse a propaganda.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



