As obras, que son financiadas nun 80% pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia e nun 20% polo Concello, suporán unha renovación tecnolóxica integral da planta potabilizadora
Castro de Rei, 16 de outubro de 2026. A Xunta de Galicia e o Concello de Castro de Rei financiarán con 1,35 millóns de euros a modernización da estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Quintela, tal e como establece o convenio de colaboración asinado hoxe entre a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde do municipio, Francisco Balado.
Segundo dixo a conselleira, esta actuación ten como obxectivo garantir a máxima calidade posible da auga potable solventando as limitacións das instalacións actuais, que contan xa cunha antigüidade de 20 anos. De feito, a previsión é que con esta mellora se poida dar servizo a unha poboación estimada de 6.575 habitantes no ano horizonte 2049.
Nese senso, Ángeles Vázquez incidiu en que con esta modernización Xunta e Concello blindan o servizo de abastecemento de auga tanto para os fogares, como para o sector gandeiro e industrial do municipio, que xeran emprego, riqueza e contribúen a fixar poboación no rural.
Máis polo miúdo, as obras, que son financiadas nun 80% pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia e nun 20% polo Concello, suporán unha renovación tecnolóxica integral da planta potabilizadora. Así, incorporaranse novos sistemas de filtrado de vangarda, altamente eficaces, que reteñen calquera impureza ou exceso de minerais naturais da auga. Tamén se instalarán sistemas de contralavado dos filtros, e servizos auxiliares de instrumentación, así como un novo cadro eléctrico para controlar e automatizar os filtros e os equipos de lavado.
A conselleira indicou que cando conclúan estes traballos, que son cofinanciados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a veciñanza de castro de rei contará coa garantía de que auga que consome ten a máxima pureza e supera con amplitude os controis de calidade máis estritos da normativa actual.
Así mesmo, a responsable autonómica destacou que con este tipo de convenios a Xunta continúa apostando por brindar o seu apoio e colaboración aos concellos na execución de infraestruturas hidráulicas, contribuíndo a mellorar a calidade de vida da veciñanza, a protexer o medio ambiente e a garantir servizos públicos esenciais como é o abastecemento, aínda que se trate de competencias municipais.
Cómpre lembrar que esta actuación se enmarca tamén na estratexia que desenvolve a Augas de Galicia para reforzar os servizos básicos hidráulicos no rural mediante o deseño e execución de actuacións adaptadas á realidade dos concellos de menor tamaño e á dispersión que caracteriza o territorio galego.















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



