Nota de prensa
O CONCELLO COLABORA COA S.D. CERVO-SARGADELOS NA MELLORA DAS INSTALACIÓNS DO CAMPO DA BIDUEIRA
Cervo, 5 de febreiro de 2011.- O concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, dixo hoxe que o Concello vén de colaborar coa S.D. Cervo-Sargadelos na mellora das instalacións do campo de fútbol da Bidueira. A colaboración consistiu nos traballos de construción dunhas oficinas para o club xunto á zona de vestiarios. “Concretamente Concello aportou a man de obra, mentres que a S.D. aportou os materiais” indicou Fernández.
O edil de Deportes valorou positivamente o xeito de levar adiante este tipo de melloras nas infraestruturas de carácter deportivo do termino municipal. “Tentamos potenciar día a día a boa sintonía entre o Concello e os clubs do municipio para levar adiante obras necesarias que redunden no beneficio do deporte local e na súa práctica” indicou.
Por último, Rubén Fernández dixo que esta non era a primeira vez que Concello e a S.D. Cervo-Sargadelos traballan xuntos en obras de mellora nas instalacións do campo de fútbol cervense e lembrou que o pasado mes de novembro se levaron a cabo obras de mellora do tendido que subministra enerxía eléctrica ao campo por un valor de 17.235 euros que foron financiadas pola Xunta de Galicia





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
