Nota de prensa
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Balseiro Orol deputado do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara presenta, ante esa mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión
A Deputación Provincial de Lugo vén de aprobar unha encomenda de xestión á Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) para a construción e xestión dunha decena de centros de atención a persoas maiores na provincia: residencias e centros de día. A través desta iniciativa, o organismo provincial, malia recoñecer que non ten competencias directas na materia, prevé executar un orzamento de 12 millóns de euros.
Curiosamente a pesares de que dos 67 concellos que ten a provincia de Lugo, un total de de 34 municipios (o 50,74 %) están gobernados por alcaldes do Partido Popular, só dous destes municipios foron elixidos como emprazamentos das futuras residencias polo Executivo bipartito.
Neste momento non existe constancia de que se efectuara ningún tipo de xestión ou toma de contacto coa Xunta de Galicia, administración competente no ámbito das infraestruturas de benestar, para consensuar os futuros emprazamentos, o tipo de xestión desas infraestruturas e o concerto das súas futuras prazas, algo que provoca certa inquedanza respecto da viabilidade e operatividade das residencias unha vez estean rematadas.
Esta non é a única actuación que está a desenvolver a Deputación de Lugo fóra das súas competencias estritas e sen o concurso e consenso da Xunta de Galicia. O Executivo bipartito provincial tamén ten previsto poñer en marcha o plan Plan Lugo Emprega.
A devandita acción foi aprobada no último pleno de 2010. Ten previsto contemplar un orzamento de 8 millóns de euros destinados á contratación non permanente de 712 persoas traballadoras nos concellos por un período máximo de seis meses.
Unha vez más a asignación do número de traballadores que lle corresponderán a cada concello fixase en función do número de habitantes e do número de parados, pero é o Goberno provincial quen se reserva a selección deste persoal nos municipios con menos de 5.000 habitantes, mentres que os de máis de 5.000 habitantes esta potestade corresponderalle o propio concello.
En relación con este asunto, o Grupo Parlamentario Popular formula as seguintes preguntas:
1.-) ¿Ten constancia a Xunta de Galicia da intención da Deputación de Lugo de construír unha decena de centros de atención ás persoas maiores nesta provincia? De ser así, ¿de que xeito?
2.-) ¿Efectuou algún tipo de xestión a Deputación Provincial de Lugo diante da Xunta de Galicia para consensuar os emprazamentos, tipo de xestión e futuro concerto das prazas que poidan ter as devanditas residencias?
3.-) ¿Que opinión lle merece á Xunta de Galicia a exclusión de practicamente todos os concellos gobernados polo Partido Popular –pese a ser máis da metade dos existentes na provincia- do plan de construción de residencias que desenvolve a Deputación Provincial?
4.-) ¿Ten constancia a Xunta de Galicia da intención da Deputación de Lugo de poñer en marcha o Plan Lugo Emprega? De ser así, ¿de que xeito?
5.-) ¿Efectuou algún tipo de xestión a Deputación Provincial de Lugo diante da Xunta de Galicia para consensuar esta acción de fomento temporal da empregabilidade tendo en conta que é un ámbito de competencia autonómica?
6.-) ¿Que valoración fai a Xunta de Galicia dos criterios empregados polo Goberno bipartito da Deputación Provincial de Lugo para seleccionar aos futuros beneficiarios deste plan de emprego?



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



