O alcalde de Burela, Alfredo Llano e a concelleira do Mar, Remedios López, fixeron entrega do regalo dunha fin de semana nun Spa, que se sorteou nas terceiras “Xornadas do ourizo” celebradas o pasado mes de marzo en Burela. O gañador, Xavier Anidos, de Ferrol non puido desprazarse ata o concello, pero sí que o fixo a súa compañeira María José Goás. Ambos desfrutarán esta fin de semana de dita estancia.
