Nota de prensa
A.C.ARRINCADEIRA RIOTORTO Homenaxe ó escritor Álvaro Cunqueiro nas Terras de Miranda
A Asociación Cultural Arrincadeira promove á homenaxe ó escritor Álvaro Patricio Cunqueiro Mora co gallo da celebración do centenario do seu nacemento e que terá lugar o vindeiro sábado 9 de abril ás cinco da tarde a carón do paseo fluvial, ó seu paso polo lugar do Mazo de Riotorto. Será o primeiro acto que se celebre neste sendeiro fluvial que desde fai uns meses podemos disfrutar os veciños de Riotorto.
O acto consistirá na plantación dunha figueira, árbore que preside a casa do mago Merlín en Miranda e debaixo da que parola con moitos dos seus distinguidos visitantes. Xunto a figueira descubrirase unha placa conmemorativa.
Amais, nenos do colexio farán unha lectura colectiva dun dos capítulos do libro “Merlín e familia” e a nosa veciña Herminia de Carrao disertará sobre a figura de Alvaro Cunqueiro e a súa relación con Riotorto.
Ó día seguinte celebrase en Riotorto a V Feira da Artesanía do Ferro. Tendo en conta a especial relación de Cunqueiro co mundo dos ferreiros e máis concretamente cos de Riotorto haberá tamén un momento para que unha representación da Asociación para a promoción social dos ferreiros de Riotorto lean textos de Cunqueiro referidos ó seu oficio.
No centenario do seu nacemento Riotorto non pode quedar a marxe dos actos de celebración. A casa de Moirón, en Cachán, foi o berce da familia materna de Álvaro Cunqueiro Mora. O escritor mindoniense era fillo de Josefa Mor Moirón, e neto de Manuel Mor Bermúdez (de Espasande de Riba) e Carmen Moirón Agüera; o seu bisavó, Manuel Moirón, foi notario de Riotorto. Parece ser que o segundo apelido de Cunqueiro cambiáronllo por erro no servizo militar, pasando de “Mor” a “Mora”. Especial relación mantivo co seu tío-avó Serxio Moirón do cal decía que era “un gran comentador de sucesos”
Reivindicamos pois a especial significación de Riotorto na vida de Cunqueiro (especialmente na súa nenez) demostrada en numerosas refencias ao longo sa súa obra. Así, na primeira novela “Merlín e familia” aparecen múltiples mencións claramente riotortenses para situar á Miranda de Merlín. Incluso unha das personaxes da novela, Manueliña de Calros, está baseado nunha célebre muller veciña de Riotorto e amiga de Alvaro, que coñeceu nas súas estadías no noso pobo.
“Na casa dos meus abós en Riotorto ouvía as historias durante esas noites longas e puiden adequerir certas habelencias para contar” Alvaro Cunqueiro nunha entrevista feita por MichaeL Queyja para a revista Grial. I é que A Terra de Miranda Cunqueiriana son as Terras de Riotorto, e non outras.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



