Nota de prensa:
A CORPORACIÓN APROBOU POR UNANIMIDADE A ADXUDICACIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DO NOVO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO, UNS TRABALLOS QUE SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE 2.300.000 EUROS. FERNANDO SUÁREZ VALORA DE XEITO MOI POSITIVO QUE TODOS OS GRUPOS SOUBESEN ESTAR Á ALTURA DAS CIRCUNSTANCIAS.
Ribadeo, 19 de abril de 2011. A Corporación aprobou por unanimidade a adxudicación das obras de construcción do novo pavillón polideportivo de Ribadeo, uns traballos que suporán un investimento de 2.300.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito moi positivo que “a Corporación soubese estar á altura das circunstancias”.
O rexedor dixo que “é unha moi boa noticia o feito de que o pleno da Corporación por unanimidade acordase adxudicar as importantes obras de construcción do novo pavillón polideportivo, que substituirá ao vello ubicado na avenida de Luarca”.
Suárez Barcia explicou que “a adxudicación realizóuse a unha UTE formada por dúas empresas, Galdiano e Maceiras y Esmorís, unha vasca e unha galega, que das 28 ofertas que se presentaron foi a que mellor proposta realizou de conformidade coa mesa de contratación. O importe é de 2.333.000 euros cunha mellora de 1.124.000 euros para facer un dos mellores, máis grandes, máis ambiciosos e competitivos elementos polideportivos de toda Galicia”.
O alcalde subliñou que “todo isto será posible coa importante axuda da Deputación Provincial de Lugo, singularmente da súa Área de Cultura e Deportes que financia a totalidade deste pavillón, sin que o Concello de Ribadeo teña que poñer un só céntimo. Trátase dunha moi boa xestión na que traballamos durante meses e agora empezan a verse os resultados”. E engadiu que “agora nun mes e medio ou dous darán comezo as obras de demolición do actual pavillón e construcción do novo, unha vez que se se notifiquen os acordos, se firmen os contratos, se depositen os avais necesarios, segundo a lei de contratos, e en definitiva despois de 12 meses de obras Ribadeo contará cun novo pavillón multidisciplinar para moitísimas cousas, como salas de reunión para as asociacións deportivas. Contará tamén coa posibilidade de dividir a pista principal en tres pistas máis pequenas para poder simultanear diferentes actividades deportivas”.
Fernando Suárez considera que “esta instalación daralle un impulso moi importante a todo este movimento deportivo que xurdiu en Ribadeo nos últimos anos, non só dos deportes tradicionais senón dos novos. Este pavillón resolverá esa falta de espazo que tiñamos agora e seguimos sendo referentes en moitas cousas, coma no deporte. Quero felicitar xa que, a pesares de estar nos últimos momentos dun mandato, a Corporación soubo estar á altura das circunstancias e cando se tratan cousas boas para Ribadeo, alégrome e felicítoos a todos por estar no mesmo carro”.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



