Nota de prensa
ALFONSO FUENTE CONSIDERA TRISTE QUE PSOE E BNG ESTEAN A XOGAR CO CASO DO INDIXENTE QUE VIVE EN CELEIRO DE MARIÑAOS E ACÚSAOS DE ADICARSE A CRITICAR SEN APORTAR NINGÚN TIPO DE SOLUCIÓN.
Barreiros, 29 de abril de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, considera triste que PSOE e BNG estean a xogar co caso do indixente que vive en Celeiro de Mariñaos e acúsaos de adicarse únicamente a criticar sen aportar ningún tipo de solución. O rexedor tamén aludiu ás críticas vertidas desde o BNG nas que se cuestiona a súa presentación aos vindeiros comicios municipais.
Fuente Parga amosóuse sorprendido polas declaracións realizadas nas últimas horas polo candidato do PSOE sobre o caso do indixente de Celeiro de Mariñaos e polo portavoz do BNG nas que cuestiona a presentación do alcalde ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio. Sobre as dos PSOE asegura que “confirman o que veño mantendo, que o seu candidato ten un descoñemento total do noso concello, porque di que o Concello pretendía botar a unha familia da casa para meter ao indixente, o que quere decir que este señor descoñece incluso que nesa edificación existen dúas vivendas. Esto confirma que quen non vive e non está empadroado aquí non coñece o concello, pero sí se atreve a presentarse como candidato a unhas municipais”.
Alfonso Fuente tamén se referiu ás críticas verquidas estes días polo portavoz e candidato do BNG, Antonio Veiga, nas que éste cuestionaba que o alcalde se presente á reelección. O rexedor sinalou que “parece que agora pide que o xulgado lle faga o que él leva sen conseguir durante moitos anos. Está pedindo que o PP non me presente como candidato nestas eleccións por estar baixo procesos xudiciais e incluso chega a compararme cun candidato do BNG, que ese sí está inhabilitado e a xunta electoral xa dixo que ese señor non se podía presentar e o sacaron da lista porque estaba inhabilitado. Esto non pasa en Barreiros e quero deixalo ben claro, o candidato do PP en Barreiros, que son eu, non estou inhabilitado para presentarme e Antonio Veiga pretende que o xulgado lle faga o traballo que él non consigue facer democráticamente nas urnas”. Alfonso Fuente di que “me sorprendían as declaracións feitas polos dous candidatos tristemente, porque un dos candidatos non coñece o concello e outro quere vía xudicial facer o que non é capaz de conseguir democráticamente”.
O alcalde de Barreiros subliñou que “desde a alcaldía e desde os Servizos Sociais do Concello se pretende dar solución a un problema de mendicidade dunha persoa que está nun área recreativa e queremos buscarlle unha solución. Pero cando o Concello lle atopa unha solución aos da oposición parece que non lles gusta, son a oposición e se opoñen a todo incluso cando plantexas unha solución. Eles non dan solucións o que fan é intentar crear problemas e tristemente facéndoo coas persoas”.
Fuente Parga considera que “están a xogar coas persoas e coas persoas non se xoga, o que lles busca é solucións. Parece ser que ao PSOE e ao BNG lles da igual para conseguir unha alcaldía xogar con persoas e nas persoas está centrada a campaña do PP para as vindeiras municipais, centrada en buscar traballo para toda a xente á que o PSOE está a deixar sen emprego e que cada día son máis, o paro segue a aumentar, pero eso a eles lles da igual. E o BNG estivo catro anos cogobernando na Xunta de Galicia e durante ese período aumentaron tamén as taxas de desemprego, aí estiveron, pero solucións ningunha. O PP o que busca son solucións e o alcalde de Barreiros o que busca son solucións consensuadas, non vamos facer nada en contra de ninguén, senón ao contrario solucións a favor da xente e das persoas e non xogando coas persoas. Paréceme triste que se xogue cunha persoa por moi mendigo que sexa, porque él decidiu vivir así e vive desa forma”.







Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



