Nota de prensa:
Resoltas as becas no sector da innovación
– A Deputación publicou no taboleiro de anuncios e na web www.deputacionlugo.org o resultado das probas de selección das bolsas remuneradas con 800 euros mensuais
– As 30 persoas que acadaron a maior puntuación deberán entregar, antes do xoves, no Rexistro do Pazo de San Marcos, un escrito especificando se aceptan ou denegan a beca
-Os beneficiados traballarán durante 6 meses en empresas e asociacións sen ánimo de lucro que obterán, sen custe algún, servizos tecnolóxicos
A Deputación publicou no taboleiro de anuncios e na páxina web www.deputacionlugo.org os resultados das probas de selección das bolsas de emprego no sector da innovación. As persoas que acadaron as maiores puntuacións deberán, antes de 5 días naturais, é dicir ata o mércores incluído este, comunicar se aceptan ou denegan a beca. Para elo, deberán poñerse en contacto co organismo provincial entregando no Rexistro, afincado no Pazo de San Marcos, un escrito con todos os seus datos persoais, comunicando a súa decisión. Os beneficiados, 30 lucenses actualmente en paro, licenciados, diplomados ou con formación profesional –FP-, traballarán durante 6 meses, percibindo 800 euros mensuais, en empresas e asociacións sen ánimo de lucro, levando a cabo os proxectos tecnolóxicos presentados.
Estas entidades e colectivos, que obterán se custe algún novidosos servizos, son os que subscribiron o convenio co primeiro Centro de Innovación Social en Galicia. Trátase do In Lugo impulsado polo Deputación e cofinanciado polo Ministerio de Industria nun 88,9% mediante o Plan Avanza. As entidades son as seguintes:
– Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo, CETAL: o proxecto a desenvolver neste colectivo consiste na identificación das necesidades tecnolóxicas e de produtos innovadores no sector agroalimentario da provincia, ademais da transferencia desta información ós traballadores neste campo.
– Asociacións de Jóvenes Empresarios –AJE-, de Empresarias de Lugo, e Empresarial de Industria de Transformación del Polígono do CEAO: formación especializada ós empresarios para coñecer as necesidades das entidades en materia de innovación, e facilitar ó cambio de cultura nos procesos empresariais.
-Universidades de Santiago de Compostela. Aula TIC: elaboración dunha guía de boas prácticas no emprego da Administración electrónica dirixida ós cidadáns e as entidades sen ánimo de lucro.
-Universidade da Coruña. CITIC: creación de produtos e servizos informáticos dirixidos á empresa.
120 solicitantes
120 persoas participaron no proceso de selección que consistiu en unha avaliación do expediente académico, a experiencia profesional, e a memoria do proxecto a desenvolver (parte que contou con máximo 7 puntos) e unha entrevista persoal (avaliada con 3 puntos como moito).
As bolsas de emprego no sector da innovación engádense ás becas Lug02 mediante as cales 18 mozos lucenses están xa a traballar en prestixiosas empresas de Hamburgo, Praga, Belfast, Florencia, Viena e Lisboa nas que se empregan innovadoras técnicas medioambientais. Unha vez que rematen o período de formación nestas entidades, os rapaces terán a oportunidade de poñer en práctica o aprendido en empresas lucenses durante 8 meses, nos que percibirán un salario mensual de 1.000 euros. Da mesma forma, tamén se convocaron as primeiras 5 bolsas de artesanía e deseño de Lugo dotadas con 12.000 euros cada unha, que se resolverán nos vindeiros días.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



