Nota de Prensa
O BNG QUERE CAMBIAR O ACTUAL MODELO DE ECONOMÍA ESPECULATIVA POR OUTRO DE ECONOMÍA PRODUCTIVA. OS NACIONALISTAS NON VAN PERMITIR QUE A RECEITA FRONTE Á CRISE SEXA A PERDA DE PODER ADQUISITIVO POR PARTE DOS TRABALLADORES.
A Mariña, 29 de decembro de 2008. O BNG mantivo unha xuntanza cos delegados da CIG en Alcoa e nas súas empresas auxiliares para analizar a crise económica. No encontro estiveron o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco; o deputado no Parlamento Galego, Manuel Parga e o responsable comarcal do BNG na Mariña, Ramón Ermida.
Os nacionalistas son conscientes de que “estamos diante dunha crise que ten un carácter estrutural e que é diferente ás outras porque efectivamente opera respecto do que é a propia natureza do sistema capitalista”. Segundo Ramón Ermida “no BNG o que temos claro é que non poden ser as maiorías sociais e as clases traballadores ás que lles toque pagar neste caso a crise económica. Pensamos que eso non pode ser así porque as empresas que ao longo de todos estes anos acumularon grandes fortunas no momento no que veñen as vacas fracas o que fan é apretar o cinturón, pero apretan a quenes fixeron posible eses grandes beneficios que non son nin máis nin menos que os traballadores”.
O responsable comarcal do BNG engade que para afrontar e confrontar esta nova crise do sistema capitalista “nós temos unha idea central. Non hai posibilidade de que se restaure esa confianza da que tanto se fala neste momento, nin hai posibilidade de que o consumo interno, que ten que ser fundamental para volver reactivar a economía, aumente se iso non vai acompañado de incrementos salariais claros”. Ermida engade que “nós non imos consentir que a receita fronte á crise sexa a perda de poder adquisitivo por parte da clase traballadora. Hai que ter en conta neste sentido que son aqueles dous estados europeos onde os traballadores máis perderon nos 8 últimos anos (Irlanda e o estado español) onde a crise é máis patente. Nós entendemos que as relacións laborais teñen que transferir ao marco de negociación colectiva traballadores-empresa e é fundamental a participación da administración de cara a garantir o que é o poder adquisitivo da clase traballadora”.
Ramón Ermida sinala que “tanto CIG coma o BNG converxíamos en que é fundamental ser quen de crear unha maioría social que permita que a crise se resolva cun modelo produtivo distinto ao que provocou a situación actual. Estamos vendo coma o conxunto das medidas que puxo en marcha o goberno do Estado de insuflar diñeiro á banca non serven para sair desta situación e polo tanto é hora xa de abandoar o modelo de economía especulativa que non xenera ningún tipo de beneficio social en aras dun modelo de economía produtiva que restaure o que é a alianza entre o capital e o traballo que foi efectivamente o que permitiu na Galiza, no Estado e no conxunto de Europa os anos máis importantes de prosperidade e benestar”.



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



