Nota de prensa:
A Deputación impulsará unha empresa pública que coordine a comercialización e promoción turística de Lugo
– Besteiro e Buján avanzaron que este novo modelo de coordinación turística na provincia buscará a excelencia e a máxima calidade do sector
– O organismo provincial liderará e aportará a maioría do capital da empresa pública que estará aberta á participación de todo o sector turístico e ofrecerá colaboración á Xunta
– As últimas enquisas da Deputación revelan que o turista que vén a Lugo é fiel, repite unha media de 3 veces, predomina o turismo familiar –precisamente o máis emerxente- e destaca a natureza como maior atractivo
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Terceira e responsable da área de Turismo, María Xosé Vega Buján, anunciaron este vernes a creación dunha empresa pública que coordine a comercialización e promoción turística da provincia lucense. Trátase dun novo modelo de coordinación turística en Lugo aberto á participación de todo o sector, que impulsa a institución provincial logo de manter intensas reunións co sector público-privado e plasmar as súas demandas, e que buscará a excelencia e a máxima calidade co fin de rentabilizar o turismo do xeito máis profesional.
Gómez Besteiro salientou que logo de “analizar de abaixo a arriba o sector público e privado, concluímos que esta entidade é o instrumento máis axeitado para insistir na promoción e comercialización do turismo lucense. Será unha empresa pública onde a maior parte do capital o aportará a Deputación pero onde terán cabida os Concellos, as distribuidoras de turismo, todas as empresas que o desexen… co fin de ser máis competitivos”. Vega Buján subliñou que “cando todo o turismo de sol e praia cae en España, a provincia de Lugo ten un turismo emerxente que queremos consolidar e aumentar. Para elo, mantivemos reunións cos municipios e empresas privadas, distribuídas en 6 áreas xeográficas. A conclusión foi que temos que traballar en 2 esferas: a promoción de Lugo como un produto único e a súa comercialización. Temos que facer negocio porque o turismo é peza clave da económica da provincia. Sen embargo, existe un baleiro neste senso, e o sector ten moi claro que eles non poden liderar este proxecto xa que cómpren da axuda da administración”.
Xestión e reunións
A Deputación acordou co sector turístico público e privado liderar esta entidade como institución que representa á provincia e respostando á demanda plantexada por eles mesmos. Será por tanto, quen aporte a maioría do capital na futura empresa. Non obstante, o proxecto estará aberto á participación de todo o sector. A súa participación realizarase por exemplo, mediante o pago de servizos como apuntaron varias empresas privadas nas reunións previas. Por exemplo, unha tarifa por participar nunha central de reserva provincial na que a empresa percibiría unha porcentaxe por realizar o servizo.
A creación desta empresa pública é o resultado da celebración do 1º Congreso de Turismo na provincia, “Destino Lugo”. Foi neste encontro no que prestixiosos representantes do sector a nivel europeo e nacional avaliaron todos os tipos de xestión turística existentes co fin de comezar a definir o mellor para a provincia. Lugo é unha provincia emerxente en termos turísticos xa que, cun 16,19%, foi a provincia galega onde máis se incrementou o turismo o ano pasado. Tendo en conta estas cifras, no Congreso púxose de relevo a necesidade de crear un ente pola iniciativa público e privada para impulsar o turismo na provincia e incrementar o número de visitantes.
Deste xeito, tal e como se comprometeron Besteiro e Buján, dende marzo celebráronse distintas mesas co fin de formar conxuntamente un novo modelo de coordinación do turismo. Houbo 6 reunións con representantes do sector privado da Mariña, A Montaña, Ribeira Sacra, A Ulloa e Terras do Miño desglosando a cidade e o restantes territorio. Estes manifestaron que era imprescindible a coordinación e a comercialización de Lugo como produto turístico. Neste senso, puntualizaron que non o poden facer en solitario pero si están dispostos a colaborar economicamente. A Deputación tamén mantivo encontros cos Concellos queñes subliñaron a necesidade de aforrar nesta materia mediante un traballo coordinado. Ademais, consideran moi positiva a comercialización, para o que ven imprescindible a coordinación que, segundo eles, debería estar liderada pola Deputación.
Tendo en conta todas as demandas, técnicos provinciais, economistas e expertos turísticos concluíron que: o traballo de cooperación cos Concellos é o obxectivo da Deputación polo que hai que reforzalo; as empresas teñen que comercializar Lugo buscando a excelencia turística, e o novo ente non se podería entender sen a presencia destacada da cidade de Lugo. A conclusión foi a creación dunha empresa pública liderada pola institución provincial que coordine a comercialización e promoción turística da provincia lucense.
Perfil do turista
O organismo provincial segue a estudar as posibilidades e necesidades do sector. As últimas enquisas realizadas sobre un campo de 8.000 persoas para coñecer o perfil do turista que visita Lugo revelan que: o cliente de Lugo é fiel, só un 1% di que non voltaría, fronte ó 99% que repetiu ata en 3 ocasións; as estancias son de curta duración pero repetitivas; o público maioritario é familiar precisamente, un tipo de turismo emerxente neste momento, seguido de parellas e, máis lonxe, de amigos; identifican Lugo con natureza, gastronomía e, en terceiro lugar, monumentos; aínda non vinculan o mar, a aventura e o deporte á provincia de Lugo. As zonas máis coñecidas son A Mariña e a Ribeira Sacra, xunto á propia capital e, curiosamente, Os Ancares gozan de popularidade malia que non ocorre o mesmo do O Courel.
Resultados no 2010
Lugo foi a provincia galega que experimentou o maior incremento no número de viaxeiros durante 2010 cun 16,19%. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, esta porcentaxe sitúase no 14,45% na Coruña; 9,80% en Pontevedra; e 3,60% en Ourense. Foi ademais, a provincia na que o número de visitantes se distribuiu de maneira máis equitativa. Do total de 483.119 persoas que pernoctaron durante 2010, o 19,98% fixoo na capital, e o 80,02% no resto da provincia.
A Deputación desenvolvou ó longo deste ano iniciativas destacadas como o Galaico Expreso, o tren que o organismo provincial ofreceu como alternativa ós catamaráns ante o baleiro do Sil que levou a cabo Iberdrola, e co que logrou pasar dos 1.500 visitantes á Ribeira Sacra ós 20.000; o Barco Muralla de Lugo, a aula turístico medioambiental que está a percorrer o país; o Lugo Terra, o bus que promocionou a provincia por toda a península; ou a certificación medioambiental de 21 areais lucenses que converteron á Mariña na 3º costa de España co maior número de praias de auténtica calidade, avaladas pola Unión Europea.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



