HAI 50 ANOS
Sempre Ricardo Pena na lembranza.
——–
Polos anos 60 do século pasado, editábase en Foz a revista A Rapadoira, que no seo da Asociación homóloga, promovera e dirixía Suso Fernández. No número de xuño de 1961, da súa autoría, co pseudónimo de “Vindoiro”, publicaba o seguinte artigo:
BURELA: UN ALTO NO CAMIÑO
Por Vindoiro
Viaxando pola costa lucense, é fácil saber – aínda que non se coñeza – cando se chega á vila mariñeira e industrial de Burela. As altas chimeneas das súas importantes industrias, o continuo ir e vir de obreiros e medios de transporte das diversas empresas, e sempre a sirena dun buque á altura da Pena de Burela – xemelga da nosa “do Altar”- son matices que delatan a súa presenza. Burela – fermosa vila alzada sobre o duro pedestal do traballo continuo dos seus moradores – fai un alto no continuo bregar para festexar aos seus excelsos patróns Nosa Señóra do Carme e San Xoan, Os homes bureleses – sal, brisa e iodo nas facianas – esquecerán por uns días as faenas do mar para honrar a Aquéles que por eles velan nas difíciles singraduras, e en Quen asemesmo confían Co mesmo afán, con idéntico entusiasmo e igual esperanza, con que enfilan as proas das súas boniteiras mar adentro, os bureleses lobos de mar, vivirán estes días de festa en terra, porque en todalas actividades, nos seus quefaceres, poñen sempre o corazón. Burela é sempre e, de xeito especial nestes días, parada e fonda. Porque alí, onde todo é traballo, contínuo laborar; onde o ocio é algo descoñecido; onde, como diría Alvaro Paradela, todo “cheira a pan”, desvía unha migaxa o seu rumbo cotián para abrir as portas de par en par e que o aire da cordialidade, a convivencia e a proverbial xenerosidade, invada os fogares dos seus nobres moradores. O carácter aberto e hospitalario, o programa extraordinario dos festexos, o exquisito marisco e, ¡cómo non!, a beleza das súas mulleres, todo reclama a nosa presenza e nós, fieis á tradición, e amigos da “dolce vitae”, acudiremos estes días a Burela, vila veciña e amiga á que admiramos e queremos. Mariñeiros de Burela, ¡avante sempre!
——————
(E hoxe, 50 anos despois, a nostalxia dos tempos mozos, fainos lembrar aqueles versos de Campoamor: “las hijas de las madres / que amé tanto, / me besan ya / como se besa a un santo”, aínda que, a estas alturas, mais que ás nais, lembraremos ás avoas…Boas festas).
Suso Fernández


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



