NOTA DE PRENSA
Novas Xeracións debate as liñas a seguir para emprender o ‘Camiño do Cambio’
Xaime Pita, Xosé Manuel Barreiro e Manuel Julio Platero analizaron cos mozos populares as medidas que se deben tomar para facer fronte a actual situación de crise que asolaga o país
Lugo, 16 setembro de 2011.- Novas Xeracións da provincia de Lugo organizou onte na sede do Partido Popular na localidade un coloquio, no que baixo o lema “O Camiño do Cambio”, os mozos da agrupación xunto con personaxes con experiencia no mundo da política analizaron a actual situación que atravesa España e a necesidade de emprender unhas novas liñas de actuación tralas próximas eleccións xerais do 20 de novembro.
No acto organizado pola agrupación político xuvenil vinculada aos populares participaron o ex conselleiro de Presidencia durante o goberno de Manuel Fraga, Xaime Pita; o presidente provincial do Partido Popular, Xosé Manuel Barreiro, o ex presidente provincial de Novas Xeracións de Lugo e xerente do partido, Manuel Julio Platero e o presidente do PP local, Jaime Castiñeira.
A secretaria xeral de Novas Xeracións da cidade de Lugo, Mar Carballas Piñeiro, abriu o coloquio, que deu comezo ás 20:30 horas e que estivo moderado polo presidente local de Novas Xeracións, Jacobo da Silva Ares.
Durante a clausura, o presidente provincial de Novas Xeracións, Daniel Vega, resaltou a importancia da experiencia “en momentos difíciles”, en referencia ao traballo realizado por Pita, Barreiro e Platero.
Así mesmo, Vega pediulle aos mozos que “andiveran cara o camiño do cambio para que España sexa un país cheo de oportunidades para os mozos”. O presidente provincial incentivounos “a saír á rúa e gritar alto e claro que nosoutros non queremos un desgoberno. Queremos un goberno que escoite, que recolla e pida a colaboración da mocidade deste país, desta nación, que é España”. Neste senso, o presidente provincial recordou a situación de 1996, época na que un goberno popular “levantou a un país da crise”.
Pola súa banda, Xaime Pita tamén valorou positivamente os gobernos dirixidos por José María Aznar, e referiuse a etapa de Rodríguez Zapatero como a dun goberno “nefasto e nulo coa peor política económica da historia da democracia, deixando así aos mozos fóra de todo tipo de oportunidades”. Unha opinión compartida por Jaime Castiñeira, quen afirmou que “todos os gobernos socialistas baleiran as arcas, soben os impostos e son expertos na creación de desemprego”.
Así mesmo, Manuel Julio Platero pediulle aos mozos populares que “se entreguen e loiten para cambiar este desgoberno socialista, e así cambiar o rumbo e acadar realmente un goberno progresista”. Mentres que Xosé Manuel Barreiro aconsellou a NNXX ter “unha mensaxe propia para conectar ca sociedade máis xoven e ter un ideario político cheo de sentido común”.
Campaña de afiliación
Os mozos de Novas Xeracións da provincia de Lugo iniciaron hoxe en Foz a campaña de afiliación, que durante este curso político levarán polos distintos concellos lucenses para, segundo asegurou Daniel Vega, “chegar á mocidade e facer máis forte a estrutura da agrupación coa presenza de representantes en cada municipio”.




















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



