Nota de prensa
A Deputación ofrece as últimas prazas subvencionadas nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei
– Quedan 650 localidades dispoñibles para os meses de novembro e decembro. A inscrición marcha a bo ritmo, polo que os interesados deben anotarse canto antes chamando ó número de teléfono 982-260-075
– A institución provincial facilita descontos de 40 euros por persoa co programa “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago”, que contribúe a impulsar a economía e fixar poboación ó respaldar un sector que factura 7 millóns ó ano e dá emprego directo a máis de 200 persoas
– No conxunto de Galicia, o sector termal representa o 20% de toda España. Os establecementos da comunidade xeran 1.700 postos de traballo directos, reciben 150.000 persoas ó ano e acadan un volume de negocio anual de 126 millóns de euros
A Deputación de Lugo ofrece as últimas prazas que subvenciona nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei a través do programa “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago”. Trala apertura do período de inscrición en agosto, a día de hoxe quedan 650 prazas para os meses de novembro e decembro. A recepción de solicitudes marcha a bo ritmo, pois en pouco máis dun mes reserváronse a metade das 1.350 localidades que se puxeron a disposición nos tres establecementos hostaleiros: Balneario Oca Río Pambre, Guitiriz Hotel Balneario & Golf Club e Oca Augas Santas Balneario Golf Resort. Deste xeito, os interesados en gozar desta iniciativa deben anotarse canto antes chamando ó teléfono 982-260-075.
Coa posta en marcha do programa, a Deputación combina saúde, benestar e turismo, facilitando tratamentos termais como unha alternativa de saúde que mellora a calidade de vida e contribuíndo á reactivación da economía lucense e a fixar poboación. Os balnearios nos que se ofertan as prazas están situados o pé do Camiño de Santiago, polo que o proxecto tamén promociona a ruta xacobea, reivindicando que hai vida máis alá do Ano Santo.
Un sector cun peso económico crecente
O sector termal é un negocio turístico que conta cada vez cun maior peso na economía de Lugo e Galicia. Na provincia funcionan 4 balnearios situados ó pé dos Camiños Primitivo, Norte, Francés e de Inverno, que, segundo os datos dos propios establecementos, reciben ó ano 120.000 persoas, xerando un volume de negocio de 7 millóns de euros. Os centros dan emprego directo a máis de 200 persoas, unha cifra que durante a tempada alta –entre os meses de marzo e setembro- alcanza as 300 persoas. Ademais, ó situarse en zonas rurais, os balnearios contribúen ó asentamento poboacional. Deste xeito, con esta iniciativa, que conta cun presuposto de 60.000 euros, a Deputación contribúe a manter centos de postos de traballo na provincia, facendo fronte ó despoboamento demográfico.
No conxunto de Galicia, o sector termal representa un 20% dos balnearios e centros de talasoterapia existentes en España, contando con 21 balnearios e 5 centros de talasoterapia, que supoñen máis de 2.700 prazas hoteleiras, que dan emprego directo a 1.700 persoas na comunidade galega. Preto de 150.000 persoas gozan cada ano do termalismo en Galicia, o que leva consigo unha facturación anual de 126 millóns de euros.
Desconto de 40 euros por persoa
O programa “Saúde e Benestar no Camiño de Santiago” da Deputación está dirixido a tódolos lucenses maiores de 50 anos e ofrece descontos de 40 euros nos seguintes paquetes acordados cos balnearios:
6 días con 5 noites de estancia
5 pensións completas con comidas e ceas incluídas
día de entrada domingo: cea e aloxamento
día de saída venres: almorzo e xantar
2 técnicas de balneario durante 4 días
1 recoñecemento médico
programa de animación sociocultural de luns a xoves, ámbolos dous días incluídos
Xunto ás 1.350 prazas ofertadas nos establecementos termais de Guitiriz, Pantón e Palas, o programa incluíu a maiores 50 localidades no Balneario de Lugo Termas Romanas, esgotadas durante o mes de agosto.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



