Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE HAI TEMAS EN RIBADEO MÁIS IMPORTANTES DOS QUE OCUPARSE QUE DAS MISAS ÁS QUE NON ASISTEN O REXEDOR E O RESTO DO EQUIPO DE GOBERNO. O ALCALDE LEMBRA QUE “VIVIMOS NUN ESTADO ACONFESIONAL E POLO TANTO NON TEMOS A OBRIGA A IR” E SUBLIÑA QUE TEN IDO A MOITAS CELEBRACIÓNS RELIXIOSAS E QUE ASÍ O SEGUIRÁ A FACER.
Ribadeo, 14 de outubro de 2011. O alcalde, Fernando Suárez, considera que hai temas en Ribadeo máis importantes dos que ocuparse que das misas ás que non asisten o rexedor e o resto do equipo de goberno. Suárez Barcia di non saber si o PP está inmerso nun ataque repentino de fé ou si algún dos seus membros se ten que abrazar á fé como dogma para criticar ao rexedor.
O alcalde amosóuse sorprendido “por estas críticas do PP polo feito de que o alcalde non vaia a unha misa. Eu supoño que o alcalde e o goberno municipal de Ribadeo facemos cousas ben e cousas mal, pero que o PP nos critique porque non vaiamos ás misas… moi pouco teñen que criticar no Concello de Ribadeo para ter que cuestionar esto. Non sei si o PP está inmerso nun ataque repentino de fé, non sei si algúns dos seus membros se ten que abrazar á fé como dogma para posiblemente criticarme”.
Fernando Suárez sinalou que “o alcalde de Ribadeo é por suposto o alcalde de todos, dos creentes e dos non creentes, dos ateos e dos agnósticos e o alcalde, máis aló do que él pensé como persoa que é, ten ido e irá a moitas máis celebracións, algunhas delas relixiosas, non teño ningún problema en ir, de feito teño ido en moitas ocasións, pero ás veces non vou por motivos persoais ou polo que sexa”.
O rexedor considera que “o que se debe valorar e o que eu quero que se me valore é polo goberno municipal e pola xestión que facemos tanto eu como os meus compañeiros do equipo de goberno, máis aló de si vamos ou non vamos ás misas. Que eu saiba vivimos nun estado e a constitución española deste estado di que é un estado aconfesional, polo tanto non temos a obriga de ir, aínda que por motivos que tampouco debemos confesar acabamos indo, como eu de feito teño ido moitas veces e moitas máis que irei. Pero o feito de non ter ido non creo que sexa un tema de estado e si o éste é un asunto capital como se soe dicir que veña deus e o vexa, ¡cómo se non houbera cousas máis importantes en Ribadeo das que ocuparse!”.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



