Nota de prensa 1/2
EDUCACIÓN FIRMA O CONTRATO PARA A AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DO CEIP NÚMERO 1 DE CERVO
A realización desta obra suporá un investimento de preto de medio millón de euros (441.075 euros) e está previsto que as obras estean rematadas nos primeiros meses do vindeiro ano
Lugo, XXXX de outubro de 2011.- A Consellería de Educación ven de asinar coa empresa adxudicataria do proxecto de execución o contrato para a ampliación do pavillón polideportivo do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) número 1 de Cervo. Así llo comunicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, durante un encontro de traballo que mantiveron ámbolos dous representantes institucionais para abordar distintos temas relacionados co municipio cervense.
A subscrición deste contrato suporá un investimento de preto de medio millón de euros para a mellora e ampliación desta dotación por parte da Xunta de Galicia, a través do departamento autonómico de Educación. En concreto, o investimento destinado ás obras é de 441.075 euros.
A empresa constructora Ogmios Proyecto SL. será a responsable de levar a cabo a actuación, que se prevé que esté definitivamente rematada ao longo dos primeiros meses do vindeiro ano 2012.
Coa formalización do contrato dase un paso definitivo para a conclusión da tramitación do proxecto e o inicio das tarefas de ampliación, que suporán que nos próximos meses, os escolares e mestres do centro, así como os veciños de Cervo, contarán cunha instalación mellorada na que desenvolverse.
No entorno escolar de Cervo, a importancia destes traballos ben dada porque permitirán deseñar e por a disposición do arredor dun cento de alumnos deste colexio e o profesorado adscrito ao mesmo un centro máis modernizado e adaptado ás necesidades existentes na zona
Nota de prensa 2/2
A DELEGADA PROVINCIAL DA XUNTA CONFIRMOU AO ALCALDE DE CERVO QUE EDUCACIÓN XA FIRMOU O CONTRATO DE AMPLIACIÓN E REMATE DAS OBRAS DO PAVILLÓN DO CEIP CERVO Nº1, SUSPENDIDAS DURANTE O GOBERNO BIPARTITO
As obras teñen un orzamento de 441.075 euros e previsiblemente poderán estar rematadas a principios do vindeiro ano
Villares agradeceulle á Xunta de Galicia e á Consellería de Educación as xestións feitas para poder materializar esta obra, moi demandada polo Goberno local dende hai seis anos, cando se produciu a paralización dos traballos por parte dos anteriores responsables de Educación na Xunta de Galicia e deixando inacabada dita obra.
Cervo, 19 de outubro de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, anunciou esta mañá que a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, confirmoulle que a Consellería de Educación procedeu a firmar o contrato para a realización das obras de ampliación e remate do pavillón polideportivo do CEIP Cervo nº1, de Galdín.
Segundo indicou o alcalde, unha vez cumprimentado este trámite, os traballos poderán dar comezo nos próximos días e, de cumprirse os prazos de execución previstos, a obra podería estar rematada nos vindeiros meses do vindeiro ano 2012.
Villares agradeceu á Xunta de Galicia e á Consellería de Educación a materialización desta obra, moi demandada polo Goberno local dende hai seis anos, cando se produciu a paralización dos traballos por parte dos anteriores responsables de Educación na Xunta de Galicia, os cales deixárona inacabada sen ningún tipo de xustificación. Asegurou que este investimento fora “escamoteado” pola anterior Consellería de Educación gobernada por socialistas, “o que supuxo que ata este momento, tiveramos a triste honra de ser o único concello de Galicia que en lugar de ter un pavillón polideportivo, tiña so medio pavillón”.
Villares lembrou tamén que no momento no que o anterior executivo autonómico decidiu paralizar as obras desta construción, o Goberno local solicitoulle á Xunta bipartita explicacións por este recorte “e tamén lles pedimos reiteradamente que nos informarán onde foran a parar os cartos que xa estaban adxudicados e destinados para o remate desta obra, pero ningún dirixente socialista se dignou nunca a responder estas cuestións… Afortunadamente, con esta firma ponse fin a esa vergoñenta decisión adoptada no seu día polos socialistas en contra dos intereses do conxunto dos veciños de Cervo” recalcou o alcalde.
O primeiro edil de Cervo dixo tamén que con este anuncio “materializase o compromiso dado o pasado mes de marzo polo conselleiro de Educación nunha visita a este concello” e que a partir de agora os cidadáns deste municipio van ter “por fin” unha infraestrutura deportiva “acorde co resto das instalacións deste colexio. Na súa opinión, este anuncio pon tamén de manifesto a sensibilidade “e o profundo compromiso con Cervo” dos actuais responsables da Consellería de Educación, “sobre todo tendo en conta a difícil situación económica na que nos atopamos. Por iso -indicou o rexedor- é para sentirnos todos moi satisfeitos de que o Goberno da Xunta destine esta cantidade de cartos para finalizar esta obra que debería estar xa rematada hai seis anos”.
Nota de prensa 2/2
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



