Notas de prensa
BURELA /RIBADEO / BARREIROS
BURELA
BURELA ACOLLEU DIVERSOS ACTOS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA AO LONGO DA MAÑÁ. GONZÁLEZ BARCIA LEU UN MANIFESTO NO QUE DESTACOU QUE TODOS PODEMOS FACER ALGO CONTRA ESTA LACRA QUE SOFREN AS MULLERES E LEMBROU QUE A XUNTA DITOU NO QUE VAI DE ANO MÁIS DE MIL ORDES DE PROTECCIÓN.
Burela, 25 de novembro de 2011. Os veciños e as veciñas de Burela plasmaron nun panel a súa opinión sobre a violencia de xénero neste 25 de novembro e despois moitos deles participaron na cadea humana en apoio ás vítimas desta lacra. Éstes foron algúns dos actos que se desenvolveron ao longo da mañá. No salón de plenos, o alcalde, José María González Barcia, leu un manifesto contra a violencia machista (aquí vai recollido).
“Outro ano máis xuntámonos hoxe, 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, para amosar a nosa máis sincera repulsa contra calquera xeito de sometemento da muller, tanto sexa psicolóxico como físico, tanto sexa na nosa vila como en calquera outro lugar do mundo.
Non debemos, non podemos e non queremos empregar como válida a fórmula de que a violencia é tan antiga coma o ser humano.
Non debemos, non podemos e non queremos aceptar que a violencia contra as mulleres é un problema privado, que non debe saír de entre as paredes do fogar familiar.
Non debemos, non podemos e non queremos conformarnos cunha sociedade patriarcal e machista que exerce a súa forza contra a muller en vez de buscar o equilibrio da igualdade e a complementariedade do home e da muller.
Por eso hoxe, día en que se fai unha especial lembranza deste problema, temos que reflexionar sobre as causas e as consecuencias destra gran lacra social, ante a que nos sentimos impotentes e ante a que non reaccionamos con suficiente contundencia porque seguimos a pensar que é un problema alleo a nós.
Pois NON, é unha problemática social e polo tanto de todas e todos e aínda que non sexa doado, cada pasiño que deamos contra a violencia de xénero, por moi insignificante que nos pareza é un máis dos tantos que ata agora se foron dando e que nos permiten que as mulleres teñan dereitos noutros tempos impensables, como pode ser o dereito ao voto, a ter unha conta de aforros ao seu nome…
Un ano máis, esta data recórdanos o que queda por facer: seguir traballando e aunar forzas, tanto nós como administración local como vós como cidadanía, para denunciar e combater dende todos os eidos posibles a violencia contra as mulleres e, como non, calquera outro tipo de violencia, sexa a que sexa e veña de onde veña.
Una clara imaxe de que debemos de facer que todos os días do ano leven un anaco de 25 de Novembro é o dato que ven de publicar a Secretaria Xeral da Igualdade: os xulgados galegos ditaron no que vai de ano 1.170 ordes de protección.
Os cambios e avances no tratamento legal da violencia de xénero, os recursos creados para atender as mulleres vítimas desta violencia, as campañas de sensibilización e os pasos que se deron para avanzar na consolidación dos dereitos das mulleres son necesarios para loitar contra este fenómeno. Temos que construír, no día a día e entre todos e todas, unha sociedade igualitaria onde o centro sexan as persoas, sen distinción de sexo.
Todas e todos podemos facer algo contra a violencia que sofren as mulleres. Por eso digamos ben alto, unha e mil veces, NINGUNHA MAÍS!”
Fotos dos talleres sobre violencia de xénero nos que participou onte e hoxe a artista Pamela Palenciano en Ribadeo. Onte foi dirixido a persoas adultas e tivo lugar na Casa das Letras e hoxe a alumnos de 3º e 4º da ESO no Cine Teatro. Pamela Palenciano é a autora da exposición Non só doen os golpes. Nas 46 imaxes que a compoñen visibilízanse os momentos polos que pasa unha muller cando sofre violencia de xénero por parte da súa parella. A exposición estará aberta na Casa das Letras de Ribadeo ata o 6 de decembro en horario de 9 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Estes actos foron organizados pola Concellaría de Igualdade.
BARREIROS
Foto do acto contra a violencia de xénero desenvolvido esta mañá na praza do Concello en Barreiros. Coas mans podemos foi o eslogan elexido para a celebración deste día e que permitiu que máis de 60 adultos e os nenos do CEIP de San Cosme deixasen as súas mans plasmadas nos dous murales instalados na praza. Nos actos organizados pola Concellería de Servizos Sociais e a Rede de Voluntario Local repartíronse lazos de cor morada e tamén marcapáxinas. Os nenos do CEIP de San Miguel participaron nun acto similar desenvolvido no propio centro escolar.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



