Nota de prensa:
JUANMA: ‘DEBEMOS SAÍR CUNHA EXPOSICIÓN AGRESIVA PARA POÑERLLO DIFÍCIL AO LOBELLE’
A emoción da Copa do Rei volve a Vista Alegre mañá, ás 18.30 horas, co enfrontamento entre o honorable Autos Lobelle de Santiago FS e o Burela FS Pescados Rubén, na terceira eliminatoria. “Debemos saír cunha exposición agresiva para poñerllo difícil ao rival e sendo conscientes da complexidade da cita” manifestou o capitán laranxa, Juanma Marrube, que prognosticou como un encontro “moi bonito, atractivo para a bancada e cun grande ambiente que pode ser moi contaxioso”.
Os burelaos mediranse a un rival que, dende a oitava praza da elite, pelexa por facerse cun billete para a Copa de España. “É unha eliminatoria a un só partido ante un equipo da Primeira División; non fai falta máis motivación” dixo o alfocego, que tamén falou da boa actitude do vestiario laranxa e do seu camiño na liga: “Tras unha derrota o mellor é xogar canto antes para resarcirse. A derrota en Martorell foi unha mágoa porque era un rival directo e podiamos estar agora mesmo a 5 puntos del, pero debemos facer unha lectura positiva porque a táboa está moi apertada e tan só estamos a 1 punto da segunda praza. Para seguir medrando debemos atopar a regularidade que vimos buscando dende o comezo da tempada tanto en resultados como en xogo durante os encontros”, comentou o ala-pivote mariñán.
“O Lobelle tamén encara a cita con ansiedade posto que vén de caer ante o Inter Movistar (0-2). Intensidade e ritmo definen o seu xogo, cunha filosofía moi marcada en intensidade defensiva e presión a balón; é un conxunto que vive moito dos erros defensivos do rival” analizou o Mariskal.
A última vez que se viron as caras santiagueses e burelaos foi na pretempada, a comezos de setembro, cun axustado 2-3 para os de Tomás de Dios.
No caso de saír vencedor da contenda galega, o Pescados Rubén coñecerá a identidade do próximo rival, o 13 de decembro, data para a que está prevista o sorteo da cuarta eliminatoria, na sede da RFEF.
A venda de entradas en Vista Alegre abrirase cunha hora de antelación. O prezo para socios/as será de 3 euros e para non socios/as de 10. Cada entrada entrará no sorteo dunha suculenta cesta de Nadal, cuxo gañador/a se coñecerá durante o descanso do encontro.
Un xoguete, unha ilusión. Todas as persoas interesadas poderán contribuír co seu gran de area na campaña de recollida de xoguetes da Cruz Vermella “Un xoguete, unha ilusión”, na que colabora a peña A Pataca Naranxa. Así, ata o 20 de decembro, poderán depositar os seus agasallos no pavillón Vista Alegre, de luns a venres pola tarde, coincidindo coa apertura das instalacións deportivas para os diferentes adestramentos, e nos partidos do equipo sénior masculino na casa, o 6 (Copa do Rei, Autos Lobelle) e o 17 de decembro (UPV Maristas Valencia). A Pataca Naranxa tamén manterá o servizo de recollida a domicilio, co que comezou hai xa dous anos (número de contacto: 607 74 87 86).






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
