Nota de prensa
O BNG insta á Xunta a que non aprobe os ERES de ECAR e Hermida
“O emprego dos 142 traballadores de ECAR e Hermida están en mans do PP”, afirma Antonio Veiga
Foz, 7 de decembro de 2011. O responsábel e portavoz comarcal do Bloque Nacionalista Galego na Mariña, Antonio Veiga, volveu a comparecer na xornada de hoxe, para demandar da Xunta de Galiza alternativas a situación económica que está a vivir a Comarca e demandar dos populares mariñaos compromisos claros sobre os sectores económicos e as persoas da mesma que están a padecer de xeito particular a actual situación.
Veiga denunciou que “a actual vaga de despedimentos e de feches de negocios e de empresas vai co conxunto dos veciños da zona até o punto de que ninguén está á marxe do que acontece. Se ben hoxe as miradas se centran en ECAR ou Hermida, estes dous centros de traballo non son máis que a punto do iceberg do que había pero sobre todo do que ven polo que non hai sitio para ficar quietos e non actuar. Neste sentido urximos aos dirixentes do PP da Mariña e aos responsábeis da Xunta de Galiza a que rachen co silencio que manteñen ao respecto e aclaren dunha vez por todas con quen están, e isto é doado, tratase de apoiar o despido de 142 traballadores entre ECAR e Hermida ou opoñerse aos mesmos. O futuro laboral destas 142 persoas, pero tamén da área centro da Comarca da Mariña, depende da Xunta de Galiza pola que esiximos da mesma a súa oposición a cada seu ERE nas condicións propostas”.
O Portavoz Comarcal do BNG lamentou “o silencio do goberno do PP e dos dirixentes desta forza política na Comarca, que a día de hoxe aínda non nos indicaron se van defender o emprego e a creación de riqueza ou pola contra van ser os verdugos desta parte tan substancial do noso tecido produtivo e de xeito moi particular destes 142 homes e mulleres que se ven afectados pola proposta de ERE. Un Expediente de Regulación de Emprego non é simplemente un procedemento administrativo que recolle a lexislación laboral, é bastante máis polo que demandamos da Xunta de Galiza e do partido que a goberna a vontade política debida para evitar este drama para a nosa zona. Sería bo e necesario que os dirixentes do PP na Mariña manifestaran a súa oposición aos despedimentos e agardamos que o Sr. Balseiro, Parlamentario Autonómico pola Mariña,saiba estar no Parlamento de Galiza á altura das circunstancias e apoie as iniciativas do BNG que se van votar nas vindeiras semanas para paralizar os ERES en marcha”.
O dirixente nacionalista esixiu “compromisos claros por parte da Xunta de Galiza co emprego e co presente económico da Mariña. Estamos nunha situación limite que non ten marcha atrás, cunha Comarca que semella en venda, do que son un bo exemplo os dados de emprego de novembro e que vai camiño do monocultivo empresarial. Polo tanto demandamos en primeiro lugar que o Goberno Galego non aprobe os ERES presentados nestas condicións. En segundo lugar demandamos Planos de Acompañamento Social para aquelas persoas que se atopan en situación de desemprego, a comezar por aquelas persoas que se atopan sen cobrar ningún tipo de prestación, de cara a amortiguar a súa situación pero tamén de favorecer a súa inserción laboral. En terceiro lugar demandamos liñas de financiamento a conta do IGAPE para todos aqueles autónomos e PEMES da Comarca que se atopan atrapados en concursos de acredores e que como se consecuencia dos mesmos a súa viabilidade está en risco. E xa por último demandamos a posta en marcha un Plano de Choque que fomente o consumo a fin de evitar o feche de centos de pequenos negocios”.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



