Nota de prensa
A Fundación TIC apoia os proxectos de cooperación que desenvolve a delegación lucense de Manos Unidas
– Gómez Besteiro e a presidenta da ONG en Lugo, Amalia Hermida, asinaron un convenio para difundir a labor da organización humanitaria
– Alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son realizarán traballos audiovisuais para divulgar os proxectos de sensibilización e educación da entidade, que en 2011 recadou fondos para Guatemala e a India
O presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a presidenta de Manos Unidas Lugo, Amalia Hermida, asinaron este mércores, no Rincón Navideño da ONGD, nas galerías da Praza de Santo Domingo, un convenio de colaboración para difundir a labor que esta Organización Non Gubernamental para o Desenvolvemento leva a cabo na provincia. O acordo recolle a realización de traballos audiovisuais de divulgación dos proxectos de sensibilización e educación para o desenvolvemento da ONGD, coa participación de bolseiros da EIS. A iniciativa permite que os alumnos e titulados da EIS complementen a súa formación e tomen contacto co mundo laboral.
Durante a campaña 2011, a delegación lucense de Manos Unidas orientou os seus esforzos á recadación de fondos para financiar senllos proxectos en Guatemala e na India. No primeiro caso, o obxectivo é reducir a mortalidade infantil. Na India, a idea é poñer en marcha accións de apoio a nais. Ambos os dous teñen como obxectivo final a protección da infancia.
Manos Unidas é unha Organización Non Gubernamental para o Desenvolvemento (ONGD) católica, de voluntarios, que desde o ano 1960 loita contra a pobreza, a fame, a malnutrición, a enfermidade, a falta de instrución, o subdesenrolo e contra as súas causas.
O apoio social da TIC
A Fundación TIC ten asinados medio cento de convenios con asociacións sen ánimo de lucro da provincia e mantén contrato con máis de 60 empresas nacionais do sector multimedia. O principal obxectivo destes acordos é proporcionar experiencia laboral ós alumnos e titulados da EIS para que completen a súa formación e poidan acceder con máis facilidade a postos de traballo no sector audiovisual.
Entre as organizacións coas que colabora a Fundación TIC figuran ONGs e asociacións culturais para apoiar o seu labor social e impulsar a inserción laboral de persoas con discapacidade e entidades deportivas que fomentan o deporte base, así como empresas que fomentan o emprego das novas tecnoloxías no tecido industrial da provincia. Este ano, a Fundación TIC incrementou en máis dun 400% os convenios asinados con colectivos lucenses. Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



