Nota de prensa:
No marco da votación que se celebrou hoxe no Parlamento de Galicia dos orzamentos de sanidade para 2012
O PP de Lugo lamenta o voto en contra de PSOE e BNG á enmenda dun millón e medio de euros para obras na antiga residencia
Os populares, José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira, recriminan a dobre cara e a incoherencia dos socialistas e nacionalistas lucenses quenes “por un lado, din que están ao lado dos veciños e, por outro, lles negan uns fondos necesarios para acondicionar o vello recinto hospitalario”
Tamén gracias ao voto en contra do PP frenouse unha enmenda do PSOE na que se pedía recurtar un MILLÓN de euros da previsión para rehabilitación da Tinería en favor dun programa similar en Betanzos
Lugo, 21 de decembro de 2011.- Os populares de Lugo lamentan que os deputados socialistas e nacionalistas de Lugo votasen hoxe en contra dos Orzamentos de Sanidade da Xunta para o 2012 no que se incluía unha enmenda para efectuar obras na antiga residencia.
A enmenda que se aprobou, únicamente cos votos do PP, contemplaba a incorporación dun MILLÓN E MEDIO DE EUROS para obras de reforma nos edificios da antiga residencia.
Os populares José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira recriminaron a dobre cara e a incoherencia dos socialistas e nacionalistas lucenses quenes “por un lado din estar ao lado dos veciños e por outro lles negan uns fondos necesarios para acondicionar o vello recinto hospitalario”
Para o Partido Popular de Lugo a enmenda que se aprobou hoxe demostra que o compromiso dos populares co barrio non só é en período electoral “mentres que outros se dedican a enredar nós traballamos para construir un novo futuro para a zona”. Os populares criticaron que “os que foron incapaces, en doce anos de planificar o futuro do barrio, se negasen finalmente a aceptar esta proposta”
Intento fallido dos socialistas de reducir a partida rehabilitación A Tinería.-
Noutra orde de cousas os deputados populares no Hórreo frearon a pretención dos socialistas de reducir nun millón de euros a partida que o goberno galego prevé destinar, en 2012, para rehabilitación a Tineria de Lugo. A enmenda para a cal o PSOE pediu o apoio dos parlamentarios galegos solicitaba utilizar estes fondos para proxectos de rehabilitación na cidade de Betanzos.
“É un despropósito que durante estes últimos anos o señor Orozco se dedicase a apropiarse dun proxecto impulsado por gobernos do PP e agora permita que os seus intenten recurtar fondos a este programa. Logo veñen as lamentacións e as inmolacións contra as distintas administracións”, puntualizou o deputado popular Jaime Castiñeira.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



