Nota de prensa
A XUNTA CONCEDEU AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PARA A POSTA EN MARCHA DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO TRANSITORIO AO POLÍGONO INDUSTRIAL DE RIBADEO. FERNANDO SÚAREZ DI QUE SE TRATA DUNHA BOA NOTICIA.
Ribadeo, 13 de febreiro de 2012. A Xunta concedeu autorización administrativa para a posta en marcha do subministro eléctrico transitorio para o polígono industrial de Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, asegura que se trata dunha boa noticia e que resolverá os problemas que estaban a sofrir que se están a instalar no parque empresarial.
O rexedor dixo que “afortunadamente este atranco que tiñamos aquí quedou resolto nestes últimos días, xa que a Xunta concedeu a autorización administrativa para a posta en marcha do subministro eléctrico transitorio para o polígono industrial de Ribadeo en tanto non estea a subestación eléctrica construida”.
Suárez Barcia considera que “isto ven resolver este problema que tiñan unha serie de actividades productivas que se están a implantar no polígono industrial de Ribadeo, unha ducia aproximadamente, e nas que catro ou cinco están a piques de rematar as súas obras de construcción e aínda a día de hoxe non tiñamos subministro eléctrico definitivo. Agora xa non haberá ningún problema, incluso para as altas de instalación de telefonía nas que as propias compañías estaban pendentes desta autorización por parte de Begasa, que agora acaba de conseguir a través da Xunta”.
O alcalde ribadense lembra e subliña que “isto non quita da importancia fundamental e final da construcción da subestación eléctrica e da liña de alta tensión, que no que é esta actuación estamos á espera da autorización definitiva por parte da Consellería de Industria. Confío tal e como nos indican desde a xefatura territorial que será en pouco tempo, en poucas semanas cando a teñamos. É unha boa noticia e despexa calquera dúbida a cerca a viabilidade do polígono”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



