O vindeiro sábado, día 28 de abril, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, terá lugar a estrea da nova película do IES Alfoz-Valadouro. O filme, de 20 minutos de duración, foi rodado durante o curso pasado en varios lugares do concello, como son o Parque do Trece, en Carballido, a Biblioteca Municipal e o mesmo instituto Alfoz-Valadouro. Participan o Director (Gonzalo Alonso) e a Xefa de Estudos do instituto (Armelle Sobrino), así como 8 alumnos de 4º da ESO: Sabela Quirós, Iria Braña, Daniel Iglesias, Andrea Geada, Selene Díaz, Alejandro Carballeira, Ana Cabanela e Lara Fanego. O guión foi escrito por unha alumna de 1º da ESO (Alma Ramos) e a música composta polo profesor de Música do Instituto Alfoz-Valadouro (Jorge Olivera), mentres que a Dirección correu a cargo de Pepe Peinó. A película titúlase “Adeus” e trata da tristeza que produce nunha rapaza o feito de que a súa familia teña que marchar do pobo onde sempre viviu. É o cuarto filme rodado no instituto, despois de “Malos tempos” (1º Premio no Certame OUFF Escola de Ourencine), “Lume na alma” e “Volveremos”. Na proxección do día 21 tamén se poñerán as tomas falsas da rodaxe.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



