11º ENCONTRO NOS PENIDOS
(Bisbarra do Valadouro)
Sábado, 14 de abril do 2012
ITINERARIO DO ROTEIRO ARQUEOLÓXICO
10;30 Saída do curro da rapa de San Tomé
11:00 Baixada cara ao rio Vao polo carreiro do Padorno
12:00 Subida cara ao mosteiro da Santana
13:00 Subida cara ao santuario das Parañoas polo camiño primitivo e baixada cara
ao Chan das Cabanas
13:30 Foto dos participantes na pedra zoomórfica. Pedrafita e conxunto das
Curuxeiras
14:00 O Prado das Chantas (círculo lítico)
15:00 Xantar popular no espazo de lecer do curro da rapa.
16:30 I Acto poético na anta do Padorno con intervencións dos participantes ao vivo
(VERSOS NOS BEIZOS DA MEMORIA)
Tempo libre prao descanso
20.30 Viños e petiscos polo val
22:00 Cea de confraternidade no Bar San Pedro
Debedes traer a vosa comida prao xantar, botas e un
chuvasqueiro. Se queredes ficar a durmir reservade
cuarto na hospedaria do Bar San Pedro (982558411),
é un local amigo cuns prezos moi económicos.
Quen non saiba como chegar que chame ao
636312271 e agardarémolo antes do comezo.
Se desexas máis información ou apuntarte prá
cea (antes do 13), contacta:
mensaxe2@hotmail.com
600 37 83 63
Organiza: LIGA CÉLTIGA GALAICA
Colabora: Bar San Pedro (Alfoz)



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



