Fomento ratifica o seu compromiso con Mondoñedo ao incrementar en máis de 40 millóns de euros a partida orzamentaria do 2012 para a finalización da A-8
? O Goberno socialista presupostara para o 2011, 6,3 millóns de euros para o remate do proxecto da autovía nos tramos Lindín-Careira e Mondoñedo-Lindín, mentras que os populares comprometeron para o 2012, máis de 48 millóns de euros
? A paralización nas obras da A-8 ao seu paso por Mondoñedo, ocasionou importantes prexuízos aos veciños da zona ao verse inundadas as súas casas e colleitas
Mondoñedo, 20 de abril de 2012- O departamento do Ministerio de Fomento do Goberno central ratifica nos orzamentos do Estado para o 2012 o seu compromiso coa localidade de Mondoñedo, ao incrementar en máis de 40 millóns de euros a partida orzamentaria destinada ao remate do tramo da A-8 ao seu paso pola localidade con respecto a cantidade consignada polo anterior goberno socialista, cuxo departamento lideraba José Blanco.
A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, xunto co presidente do PP de Lugo e portavoz no Senado, Xosé Manuel Barreiro e o deputado no Congreso, Jaime de Olano, valoraron esta mañá a boa disposición demostrada polo ente que preside Ana Pastor para lograr a resolución dunha problemática que levaba anos ocasionándolles graves prexuízos económicos aos veciños das parroquias polas que discorre a autovía.
Tras a herdanza envelenada do goberno socialista e pese aos recortes que o goberno central se viu na obriga de acometer nos orzamentos co único obxecto de reducir o déficit público, o Ministerio de Fomento destina aos proxectos para o 2012 co obxecto de rematar a transcantabrica ao seu paso por Mondoñedo, os máis 48 millóns de euros. Esta cantidade dividese en máis 21.7 millóns euros para o tramo Lindín-Careira (9,3 quilómetros) e máis de 26.3 millóns para o que discurre entre Mondoñedo-Lindín, que suma uns 4.7 quilómetros.
Esta cantidade que suma máis de 48 millóns contraponse aos 6.3 millóns recollidos polos anterior goberno socialista para o remate destes tramos da autovía no 2011, 3 millóns para o tramo Lindín-Careira e 3.3 millóns para o de Mondoñedo-Lindín.
Á cantidade orzamentada polo Ministerio de Fomento para o 2012, hai que sumarlle a proxección para 2013, que recolle a inversión de máis de 23,4 millóns de euros para o tramo Lindín-Careira e máis de 26.18 millóns para o de Mondoñedo-Líndin. O que suma una cantidade que ronda os 98 millóns euros para invertir na autovía durante o 2012 e 2013.
Cabe recordar que as obras nestes tramos da autovía comezaron no 2005 e prevese que rematen no 2013, cun coste total superior aos 78,2 millónes euros para o tramos Lindin-Careira e de máis de 71.4 millóns de euros para o de Mondoñedo-Lindín.
Estas cantidades presupostadas polo Goberno central para acometer obras no tramos da Autovía Transcantábrica ao seu paso por Mondoñedo, permite que Lugo se leve case a metade do orzamento que Fomento destina a Galicia, aproximadamente 130 millóns de euros.
Tal e como recordan os populares, esta actitude demostrada polo Goberno central permitirá materializar un compromiso ralentizado en numerosas ocasións polo departamento liderado por José Blanco e que ademais de dificultar as comunicacións estaba a ocasionar importantes trastornos no día a día dos veciños das parroquias polas que discorre a autovía. Dende fai anos, os veciños vían como se inundaban as súas casas e colleitas en días de choiva debido as obras e trastornos ocasionados polas obras da A-8 ao seu paso por Mondoñedo, que se viron paralizadas pola necesidade de modificar o tramado orixinal debido a problemas técnicos e de consolidación de terreo. Os populares tamén recordan o compromiso de pago de expropiacións dos socialistas, algunhas delas anteriores ao 2009, que deixaron sen pagar aos populares.
Desta maneira, os populares aseguran que se poderá materializar unha obra a que levan facendo seguimento dende fai anos e que o goberno socialista prometera rematar en 2011.
Remitido
















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



