ACIA FOZ PREPARA VARIAS FESTAS GASTRONÓMICAS PARA OS VINDEIROS MESES, ENTRE AS QUE DESTACAN AS TAPAS DE LIBRO. E ONTE ENTREGOU OS PREMIOS AOS GAÑADORES DOS 1.200 EUROS EN VALES DE COMPRA DA I RUTA DOS VIÑOS.
Foz, 4 de maio de 2012. A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz prepara varias festas gastronómicas para os vindeiros meses. A finais de xuño, os días 22 e 23, terá lugar a festa da sardiña. En xullo celebraráse a terceira edición do San Fermín gastronómico e en agosto haberá dúas citas gastronómicas importantes, as tapas de libro, unha importante novidade que se fará coincidindo coa celebración da feira do libro e a finais dese mes durante a festa normanda serviránse menús normandos para animar esta celebración, que tan boa acollida ten entre a xente.
Onte ACIA Foz entregou os 1.200 euros en vales de compra postos en xogo na I Ruta dos Viños. Os gañadores do sorteo celebrado a semana pasada foron: Carmen Fernández Curto de Foz que obtivo o primeiro premio de 500 euros; Diana Martínez Río de Foz conseguiu os vales por importe de 300 euros; María José Carreiras Pazo de Alfoz, levou un premio de 100 euros; Leandro García García, Mercedes Bouza Rego e David Teijeira Ramos, os tres de Foz, tamén conseguiron 100 euros en vales de compra cada un. Os gañadores poderán consumir os seus premios ao longo das vindeiras semanas nos locais participantes na I Ruta dos Viños. Todos os afortunados amosáronse moi contentos coa obtención dos seus premios.
Remitido


























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



